Saltar ao contido

Florencio Cerviño González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Florencio Cerviño»)
Modelo:BiografíaFlorencio Cerviño González
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1857 Editar o valor en Wikidata
Areas, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Bispo de Ourense
7 de marzo de 1921 –
← Eustaquio IlundáinFrancisco Blanco Nájera →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1921–), sacerdote católico (1885–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónManuel Lago González Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonino Cerviño González Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1239244 BUSC: cervino-gonzalez-florencio-bispo-de-ourense-1857-1941

Florencio Cerviño González, nado en Areas (Tui) o 7 de novembro de 1857 e finado en Ourense o 31 de xaneiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo da diocese de Ourense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1874 ingresou no seminario de Tui. Fixo os estudos sacerdotais cunha bolsa. Tras recibir o grao de bacharel en Teoloxía en 1883, foi nomeado profesor de filosofía. En 1883 foi nomeado presbítero. Estudou dous anos de canons, e en 1887 foi nomeado capelán do Asilo de Anciáns Desamparados. En 1890 doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Canons, e foi nomeado fiscal do tribunal eclesiástico. Posteriormente accedeu mediante oposición á Maxistralía do cabido.

Escribiu poesías, que publicou en El Eco del Miño. Nesa publicación sostivo unha polémica con Indalecio Armesto, a través de once artigos asinados co pseudónimo de Solino Forcey. Na publicación La Integridad publicou en 1901 unha oración fúnebre na memoria de Rosendo Salvado.

O 7 de marzo de 1921 foi nomeado bispo de Ourense polo papa Bieito XV, e foi consagrado na catedral de Tui o 27 de decembro dese ano polo bispo Manuel Lago González.

Foi irmán do tamén relixioso Antonino Cerviño González.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Eustaquio Ilundáin
 
Bispo de Ourense
 
1921 - 1941
Sucesor:
Francisco Blanco Nájera