Florentino Menéndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 ![]() Los Cuarteles de Peñarrubia, España ![]() |
Morte | 19 de maio de 1948 ![]() Loureiro, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Tino Asturiano ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, mineiro ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Florentino Menéndez Palacio, coñecido como Tino ou Asturiano, nado en Los Cuarteles de Peñarrubia (Lada, Langreu) cara a 1922 e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antigo guerrilleiro do grupo Os Caxigales que operaba na zona central de Asturias. Desprazouse a Galicia como traballador nas minas de Fontao, onde se incorporou á dirección do PCE en Galicia que viña de reorganizar Víctor García García "Brasileño". Dende 1947 integrouse na V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito". O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Florentino morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Vicente López Novo e Ricardo Fernández Carles; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.