Flunitracepam
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O flunitracepam (que tamén presenta entre outros os nomes comerciais de Rohypnol®, Fluscand®, Flunipam®, Ronalin® ) é unha droga da familia dos derivados da benzodiacepina. É un potente hipnótico, sedante, ansiolítico e relaxante muscular.
O Rohypnol (flunitracepam) é un hipnótico de Hoffman-La Roche. É da familia da benzodiacepina, como Librium, Xanax e Valium. O Rohypnol é 10 veces máis tóxico có diacepam Valium.
Nos Estados Unidos nunca se aprobou para uso médico porque hai outros hipnóticos máis seguros.
Historia
[editar | editar a fonte]O Flunitracepam sintetizouse en 1970 por Roche e era usado hospitalariamente cando se necesitaba unha profunda sedación. Entrou no mercado europeo en 1975 e, a partir dos 80, comezou a estar dispoñible noutros países.
Presentacións
[editar | editar a fonte]Viña en doses de 1 mg, 2 mg e 5 mg pero, debido á súa extrema potencia e perigo, actualmente só está dispoñible en 1 mg. Cada tableta ten cuñado "Roche" dun lado, e o número 1 encerrado nun círculo indicando as doses de 1 mg.
Posoloxía e farmacoloxía
[editar | editar a fonte]Como outras benzodiacepinas, o flunitracepam produce sedación, relaxación muscular, redución da ansiedade, prevención de convulsións. Os efectos son aproximadamente 10 veces máis potentes có diacepam. Aparecen ós 15 a 20 min despois da administración oral, e duran de catro a seis horas. Algúns efectos residuais persisten 12 h ou máis. Por vía oral absórbese o 80% de flunitracepam; en supositorios, o 50%.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |