Saltar ao contido

Fontes de información

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fonte de información»)
Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia.

Chamamos fontes de información a todos aqueles recursos que conteñen datos formais, informais, escritos, orais ou multimedia. Divídense en tres tipos: primarias, secundarias e terciarias.

As fontes primarias conteñen información orixinal, que puido ser publicada por primeira vez e que non foi filtrada, interpretada ou avaliada por ninguén máis. Son produto dunha investigación ou dunha actividade eminentemente creativa. Compoñen a colección básica dunha biblioteca, e poden encontrarse en formato tradicional impreso como libros e as publicación seriadas; ou en formatos especiais como as microfilmacións, os videocasetes e os discos compactos.

As fontes secundarias conteñen información primaria, sintetizada e reorganizada. Están especialmente deseñadas para facilitar e maximizar o acceso ás fontes primarias ou aos seus contidos. Compoñen a colección de referencia da biblioteca e facilitan o control e o acceso ás fontes primarias. Débese facer referencia a elas cando non se pode utilizar unha fonte primaria por unha razón específica, cando os recursos son limitados e cando a fonte é fiable. Utilizámola para ampliar o contido da información dunha fonte primaria, contrarrestar os nosos datos e para planificar os nosos estudos.

As fontes terciarias son guías físicas ou virtuais que conteñen información sobre as fontes secundarias. Forman parte da colección de referencia da biblioteca. Facilitan o control e o acceso a toda gama de repertorios de referencia, como as guías de obras de referencia ou a un solo tipo, como as bibliografías.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]