Antonio Santiago Fernández
Aparencia
(Redirección desde «Francisco Antonio Santiago Fernández»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 Marín, España |
Morte | 8 de xaneiro de 2017 (75/76 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Marín | |
1999 – 2007 – Francisco Veiga Soto → | |
Alcalde de Marín | |
1992 – 1995 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Pai | Raúl Santiago Taracido |
Francisco Antonio Santiago Fernández, chamado Toneco, nado en Marín en 1941 e finado o 8 de xaneiro de 2017,[1] foi un profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Raúl Santiago Taracido. Licenciado en Educación Física en Madrid e profesor, foi director do colexio Sequelo de Marín. No franquismo foi concelleiro de Marín polo tezo de cabezas de familia. Foi candidato da UCD nas primeiras eleccións democráticas. Logo pasouse ao CDS, encabezou a lista desta formación nas municipais de 1991 e foi elixido concelleiro. Unha moción de censura converteuno en alcalde en 1992. Posteriormente afiliouse ao PSOE, encabezou a candidatura municipais de 1999 e foi elixido alcalde.[2] Volveu ser elixido alcalde polo PSOE logo das municipais de 2003.
Predecesor: Gonzalo Arís Leiro |
Alcalde de Marín 1992 - 1995 |
Sucesor: Augusto Casal Sánchez |
Predecesor: Augusto Casal Sánchez |
Alcalde de Marín 1999 - 2007 |
Sucesor: Francisco Andrés Veiga Soto |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hermida, María (9 de xaneiro de 2017). "El maestro y político que fue un eterno enamorado de Marín". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ «El centro no está en la derecha, sino en el PSOE, en la socialdemocracia», La Voz de Galicia, 23-7-1999, p. 7.