Francisco Armando Veiga
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1958 (66 anos) Riós, España |
Alcalde de Riós | |
1993 – 2022 (dimisión) – Eva María Barrio López → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Riós Ribadavia |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Francisco Armando Veiga Romero, nado en Riós o 6 de decembro de 1958, é un político galego do PPdG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi empregado de banca entre 1980 e 1999, desempeñando o cargo de Director-Interventor do Banco Español de Crédito.
Comezou a súa carreira política en 1982 en Alianza Popular. Concelleiro de Riós, en setembro de 1993 foi elixido alcalde de Riós para substituír o dimisionario Eloy Veiga Martínez.[1] Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 1995 e acadou catro concelleiros, converténdose en alcalde. En 1999 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, revalidada nos anos 2003 e 2007 con 8 concelleiros. Como alcalde de Riós, forma parte do Consorcio de Incendios da mancomunidade de Verín, e é representante e coordinador técnico do programa de voluntariado do seu concello.
Desde 2003 é deputado provincial, pertencendo ás comisións de Patrimonio, Consello de Contas, Agricultura e Medio Ambiente. Así mesmo, fai os labores de tesoureiro na executiva do PPdG. En abril de 2022 renunciou á alcaldía e foi substituído pola concelleira Eva Barrio.[2]
Predecesor: Eloy Veiga Martínez |
Alcalde de Riós 1993 - 2022 |
Sucesor: Eva Barrio |
Viva persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 10-9-1993, p. L1.
- ↑ Entrevista. Eva Barrio: "Teño un sentido moi acentuado do que é ser servidora pública"