Francisco Botas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (57/58 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro |
Empregador | Abanca |
Francisco Botas Ratera, nado en Ferrol en 1967, é un banqueiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Economía, Empresas e Dereito na Universidade Pontificia Comillas, e posteriormente especializouse en finanzas internacionais na Universidade de California, Berkeley. Comezou traballando como auditor e consultor na firma estadounidense KPMG, unda das catro maiores do mundo no seu sector, e despois na consultora francesa Capgemini.
En 1998 fichouno o Banco Etcheverría como director xeral, e despois como conselleiro delegado. Botas xestionou a entidade ata a súa compra por parte de Banesco, a entidade venezolana dirixida por Juan Carlos Escotet, en 2012. Continuou no posto trala venda, e iniciou o proceso de expansión ao abeiro de NCG Banco, entidade coa que xa compartía o Banco Etcheverría algunhas fases da súa operativa. Primeiro, en maio de 2013, mércalle o banco de Betanzos a NCG Banco 67 oficinas fóra de Galicia, e posteriormente toda a entidade, en decembro de 2013.
En marzo de 2014, e á vista da dilación no proceso de fusión entre as entidades, pasou a ser o director xeral de NCG Banco.
Hoxe en día[cando?] é o conselleiro delegado de Abanca.[Cómpre referencia]