De aquí á eternidade
De aquí á eternidade | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | From Here to Eternity |
Director | Fred Zinnemann |
Produtor | Buddy Adler |
Guión | Daniel Taradash |
Baseado en | From Here to Eternity novela de James Jones |
Intérpretes | Burt Lancaster Montgomery Clift Deborah Kerr Donna Reed Frank Sinatra Ernest Borgnine Philip Ober Jack Warden |
Música | George Duning |
Fotografía | Burnett Guffey |
Montaxe | William A. Lyon |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 5 de agosto de 1953 20 de febreiro de 2000 (TVG) |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $2 500 000[1] |
Recadación | $30 500 000[2] |
Na rede | |
De aquí á eternidade (en inglés: From Here to Eternity) é un filme estadounidense dirixido por Fred Zinnemann e baseado na novela homónima de James Jones. O filme conta a historia de tres soldados estadounidenses, interpretados por Burt Lancaster, Montgomery Clift e Frank Sinatra, que están en Hawai nos meses previos ó ataque de Pearl Harbor. Deborah Kerr e Donna Reed interpretan as mulleres nas súas vidas, e os actores secundarios inclúen a Ernest Borgnine, Philip Ober, Jack Warden, Mickey Shaughnessy, Claude Akins e George Reeves.
O filme gañou oito Premios Oscar dos trece nomeamentos que tiña, incluíndo os premios de mellor filme, mellor director (Fred Zinnemann), mellor guión adaptado, mellor actor secundario (Frank Sinatra), e mellor actriz secundaria (Donna Reed).[3] O título orixinal do filme provén dunha cita do poema de Rudyard Kipling "Gentlemen-Rankers", sobre soldados do Imperio Británico que "perderan o seu camiño" e estaban "malditos de aquí á eternidade". No ano 2002, From Here to Eternity foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 26 de febreiro de 1994 a través da TVG.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Burt Lancaster como Sarxento Milton Warden
- Montgomery Clift como Soldado Robert E. Lee "Prew" Prewitt
- Deborah Kerr como Karen Holmes
- Donna Reed como Alma Burke / Lorene
- Frank Sinatra como Soldado Angelo Maggio
- Philip Ober como Capitán Dana "Dynamite" Holmes
- Mickey Shaughnessy como Sarxento Leva
- Harry Bellaver como Soldado de primeira clase Mazzioli
- Ernest Borgnine como Sarxento James R. "Fatso" Judson
- Jack Warden como Buckley
- John Dennis como Sarxento Ike Galovitch
- Merle Travis como Soldado Sal Anderson
- Tim Ryan como Sarxento Pete Karelsen
- George Reeves como Sarxento Maylon Stark
- Claude Akins como Sarxento 'Baldy' Dhom
- Alvin Sargent como Nair
- Robert J. Wilke como Sarxento Henderson
- Carleton Young como Coronel Ayres
- Arthur Keegan como Treadwell
- Barbara Morrison como Mrs. Kipfer
- Joseph Sargent como soldado
- Tyler McVey como Maior Stern
- Jean Willes como Annette, recepcionista do club (uncredited)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Webster, David Kenyon. "Film Fare: Hollywood producers concentrate on fewer, more lavish pictures, theatre owners complain, but studios' profits are the best in year's Genghis Khan and Ben Hur." The Wall Street Journal, 13 de xullo de 1954, p. 1.
- ↑ "Box Office Information for 'From Here to Eternity'." The Numbers. Consultado o 12 de abril de 2012.
- ↑ "The 26th Academy Awards (1954) Nominees and Winners." Oscars.org. Consultado o 20 de decembro de 2015..
- ↑ "Programación da TVG". La Voz de Galicia. 26 de febreiro de 1994. p. 75.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: De aquí á eternidade |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- De aquí á eternidade na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1953
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Fred Zinnemann
- Filmes de guerra dos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes de Columbia Pictures
- Filmes ambientados en Hawai
- Filmes ambientados en 1941
- Filmes rodados en Honolulu
- Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América
- Filmes sobre a segunda guerra mundial
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1953 con versión en galego