Programa Fulbright
Programa Fulbright | |
---|---|
Tipo | bolsa de estudos, programa gobernamental e institución educativa |
Data de fundación | 1946 |
Nomeado en referencia a | J. William Fulbright |
Premios | Premio Princesa de Asturias |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://us.fulbrightonline.org/, http://www.fulbright.org.tw/ e http://foreign.fulbrightonline.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Programa Fulbright (incluíndo o Programa Fulbright-Hays)[1] é un programa de bolsas de estudos (Fulbright Fellowships e Fulbright Scholarships), fundado polo senador J. William Fulbright e patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos, gobernos doutros países e sector privado. O programa estableceuse para mellorar o entendemento mutuo entre o pobo dos Estados Unidos e outros réximes mediante o intercambio de persoas, coñecementos e técnicas[2].
O programa foi creado grazas aos esforzos do senador de Arkansas J. William Fulbright, quen obtivo a súa aprobación polo Senado en 1946. Está considerado un dos programas máis prestixiosos para fomentar a educación intercultural do mundo e opera en 144 estados-nación. Máis estudantes de Fulbright recibiron premios Nobel que ningún outro programa académico; por exemplo, en 2002 había dous Nobel.
Premio Fulbright
[editar | editar a fonte]Creado en 1993, o Premio Fulbright para o Entendimento Internacional é unha láurea, con recursos mantidos pola Fundación Coca-Cola, que outorga 50.000 dólares a personalidades que destacaron polo entendemento entre cidadáns, culturas ou nacións[3].
Os seus homenaxeados foron:[4]
- 1993 - Nelson Mandela
- 1994 - Jimmy Carter
- 1995 - Franz Vranitzky
- 1996 - Corazón Aquino
- 1997 - Václav Havel
- 1998 - Patricio Aylwin
- 1999 - Mary Robinson
- 2000 - Martti Ahtisaari
- 2001 - Kofi Annan
- 2002 - Sadako Ogata
- 2003 - Fernando Henrique Cardoso
- 2004 - Colin Powell
- 2005 - Bill Clinton
- 2008 - Desmond Tutu
- 2010 - Fundación Bill e Melinda Gates
- 2012 - Médicos Sen Fronteiras
- 2014 - Hans Blix
- 2016 - Richard Lugar
- 2017 - Juan Manuel Santos
- 2018 - Angela Merkel
- 2021 - Bono
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fulbright-Hays Group Projects Abroad Program". www.ed.gov (en inglés).
- ↑ Lebovic, Sam; 11 de agosto; 2013; Comentarios. "The Fulbright, history’s greatest war-surplus program - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2022-07-09.
- ↑ "Fernando Henrique é contemplado com o Prêmio Fulbright" (en portugués). 02/10/2003. Consultado o 1 de febreiro de 2012.
- ↑ "Past Prize Laureates". Fulbright.org (en inglés). 2017-12-19. Consultado o 2022-07-09.