Saltar ao contido

Gravity Recovery and Climate Experiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GRACE 2»)
GRACE / Gravity Recovery and Climate Experiment
Representación artística das naves GRACE
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento17 de marzo de 2002, 9:21 GMT[1][2][3][4][5][6][7]
Foguete portadorRokot KM[3][4][8]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk, rampla 133/3[3][4][9]
Obxectivo da misiónMedición do campo gravitatorio terrestre.[3][4][9]
NSSDC ID2002-012A
Masa500 kg cada nave[3][4][8][9]
Potencia620 vatios[3][4]
Datos orbitais
Semieixo maior6817 km[1]
Inclinación89,0 graos[1]
Apoapse457,1 km[1]
Periapse435,9 km[1]

GRACE (acrónimo de Gravity Recovery and Climate Experiment) foi unha misión composta por dous satélites artificiais colaboración da NASA e Alemaña, lanzado o 17 de marzo de 2002 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.[3][4][8][9]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de GRACE era medir o campo gravitatorio da Terra, tanto a súa compoñente estática como a dinámica, mediante dous satélites idénticos voando en formación e capaces de medir a distancia entre eles cunha precisión duns poucos micrómetros. A distancia entre os dous satélites (denominados inicialmente GRACE 1 e GRACE 2, e máis tarde renomeados como Tom e Jerry, respectivamente) determinábase mediante microondas en banda K e GPS; os erros introducidos polo rozamento atmosférico e a presión da radiación solar minimizábanse sendo medidos mediante un acelerómetro e restados das medidas entre os satélites.[3][4]

A misión de GRACE foi continuada por Gravity Recovery and Climate Experiment Follow-On (GRACE-FO) mediante naves case idénticas lanzadas o 22 de maio de 2018 pero que usan láser como método adicional para mediar as súas distancias.[3][4][8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRACE 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  2. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRACE 2" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (14 de maio de 2012). "GRACE 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 NASA (14 de maio de 2012). "GRACE 2" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  5. "Note verbale dated 28 May 2002 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (02-55623): 2. 19 de xuño de 2002. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2010). "GRACE 1" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  7. Claude Lafleur (2010). "GRACE 2" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GRACE (ESSP 2)" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Mark Wade (2011). "GRACE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]