Gaojing
Aparencia
(Redirección desde «GaoJing»)
Gaojing, tamén coñecidos como SuperView, é unha serie de satélites de recoñecemento ópticos civís chineses.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Lanzáronse catro satélites GaoJing en quendas de dous, os primeiros o 28 de decembro de 2016 e os segundos o 9 de xaneiro de 2018, ambos pares mediante foguetes CZ-2D. Un fallo no primeiro lanzamento deixou os dous satélites nunha órbita máis baixa da prevista, polo que os satélites tiveron que usar a súa propia propulsión para chegar á órbita final, acurtando o seu tempo esperado de vida. Os satélites Gaojing funcionan en órbitas de 500 km de altura, desde onde poden obter imaxes cunha resolución de 0,5 m en modo pancromática e 2 m en modo multiespectral.[2][1]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
GaoJing 1 | 28 de decembro de 2016 | CZ-2D | Fallo parcial |
GaoJing 2 | 28 de decembro de 2016 | CZ-2D | Fallo parcial |
GaoJing 3 | 9 de xaneiro de 2018 | CZ-2D | Éxito |
GaoJing 4 | 9 de xaneiro de 2018 | CZ-2D | Éxito |