Saltar ao contido

Gasterosteidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gasterosteidae»)
Gasterosteus aculeatus

Os gasterosteidos, chamados en galego espiñentos [1], espiñeiros ou esganagatas [2](Gasterosteidae), son unha familia de peixes mariños e de río, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense por todo o hemisferio norte.

Características

[editar | editar a fonte]

Poden ter un corpo alargado ou non, nu ou con escudetes óseos ó longo dos laterais. Boca súpera.

Ante a aleta dorsal posúen unha serie de 3 a 16 espiñas dorsais ben desenvolvidas e illadas, de onde deriva o nome común de espiñosos. A aleta dorsal é atrasada e con 6 a 14 raios. Nas aletas pelvianas (ás veces ausentes), unha espiña e un ou dous raios brandos. Na aleta caudal, 12-13 raios.

A lonxitude máxima é de 18 cm, no caso de Spinachia spinachia.

Canto ó seu comportamento reprodutivo, destaca o feito de coidan das crías.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo FishBase, é necesaria unha revisión da clasificación taxonómica dos membros desta familia.

Admítense cinco xéneros con 7 ou 16 especies, segundo se consideren como tal ou como subespecies.

  • Xénero Apeltes (De Kay, 1842)
  • Xénero Culaea (Whitley, 1950)
  • Xénero Gasterosteus (Linnaeus, 1758)
  • Xénero Pungitius (Coste, 1848)
  • Xénero Spinachia (Cuvier, 1816)
  1. "espiñento". DIGALEGO - Dicionario de galego. Consultado o 24/06/22. 
  2. F. Lahuerta, F. X. Vázquez (2000). Vocabulario multilingua de organismos acuáticos. CRPIH. ISBN 84-453-2913-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]