Saltar ao contido

Gillette Stadium

Gillette Stadium
Datos
Coordenadas42°05′27″N 71°15′52″O / 42.090944444444, -71.264344444444
Localización Foxborough, Estados Unidos
AlcumeThe Razor
Nomes antigosCMGI Field (2002)
Construción
Inauguración11 de maio de 2002 (22 anos)
ArquitectoPopulous
EnxeñeiroBliss and Nyitray, Inc.
Custo$325 millóns
Estadio
SuperficieFieldTurf
Dimensións115 × 75 yd / 105 × 69
Capacidade66.829
PropietarioKraft Sports Group
OperadoraKraft Sports Group
LocalíaNew England Patriots (2002– )
New England Revolution (2002– )
Webhttp://www.gillettestadium.com/
editar datos en Wikidata ]

Gillette Stadium é un estadio situado na cidade de Foxborough, Massachusetts (Estados Unidos), 39 km ao suroeste do centro da capital do estado, Boston, e 32 km ao nordés de Providence, Rhode Island. Inaugurado en 2002 co nome de CMGI Field, serve como estadio e sede administrativa dos New England Patriots da National Football League (NFL) de fútbol americano e dos New England Revolution da Major League Soccer (MLS) de fútbol.

O estadio ten capacidade para albergar a 66.829 espectadores, incluíndo 87 palcos de luxo. O estadio é propiedade e está operado por Robert Kraft, dono tanto dos Patriots como do Revolution, a través Kraft Sports Group. Kraft xa era o dono do antigo estadio de Foxborough de 1988, antes incluso de adquirir os Patriots en 1994. Cando a finais desa década se precisou dun novo recinto, pois o antigo, con máis de vinte anos de uso, xa non atendía as necesidades, pensouse en trasladar ao equipo a Hartford, Connecticut. Con todo, a idea foi abandonada e decidiuse construír Gillette Stadium ao lado do antigo Foxboro Stadium.

A construción comezou o 24 de marzo de 2000, sendo dous anos despois, o 11 de maio de 2002, o primeiro evento oficial celebrado no estadio: un partido de fútbol dos Revolution. Porén, a gran cerimonia de inauguración sería o 9 de setembro co partido de fútbol americano entre os Patriots e os Pittsburgh Steelers, reeditando a Super Bowl daquel ano. No ano 2003 foi sede dalgún partido do Mundial de Fútbol feminino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]