Gleb Uspenskii
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1843 (Xuliano) ![]() Tula, Rusia ![]() |
Morte | 24 de marzo de 1902 (Xuliano) ![]() San Petersburgo (Imperio Ruso) ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Lugar de sepultura | Literatorskie mostki cemiterio Volkovo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, escritor de contos ![]() |
Xénero artístico | Sketch story (en) ![]() ![]() |
Pseudónimo literario | Б—н Гл. У. Г....в Г—ский Ив. Гусев И—в Г. У. …въ М. Г. И. Братья Гипподромовы Г. Брызгин Иванов ![]() |
Familia | |
Fillos | Maria Uspenskaya-Krichinskaya, Alexander Uspensky, Q133189089, Boris Uspensky ![]() |
Parentes | Nikolai Uspensky, curmán entregue Q112987758, son's daughter ![]() |
Descrito pola fonte | Concise Literary Encyclopedia (en) ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Nordisk familjebok ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Gleb Ivanovich Uspenskii (en ruso: Глеб Иванович Успенский) nado en Tula o 25 de outubro de 1843 e finado en San Petersburgo o 6 de abril de 1902, foi un escritor e periodista ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Uspenskii naceu na cidade de Tula, onde o seu pai era un oficial do goberno. Asistiu aos ximnasios de Tula e Chernígov, dedicando gran parte do seu tempo á lectura dos clásicos rusos. Estudou na Universidade de San Petersburgo durante un curto período de tempo en 1861, ata que esta foi temporalmente pechada por disturbios estudantís. Entón, mudouse á Universidade de Moscova, pero en 1863 foi forzado a abandonala sen graduarse, debido á falta de diñeiro. A morte do seu pai en 1864 deixouno coa responsabilidade adicional de coidar da súa familia.
Profesión
[editar | editar a fonte]Os primeiros traballos de Uspenskii publicáronse en 1862, no xornal de Lev Tolstoi Yasnaya Poliana, e no xornal Spectator. Entre 1864 e 1865 contribuíu no xornal Ruskoe Slovo (A Palabra Rusa), e entre 1865 e 1866, no Sovremennik (O Contemporáneo). En 1866 publicou unha serie de debuxos sobre o campesiñado, baixo o título de As Costumes da Rúa Rastaraev, que lle valeu certa reputación. En 1868 se converteuse nun dos principais colaboradores da popular revista Notas da Patria, traballando con Nikolai Nekrasov e Mikhaíl Saltykov-Shchedrín.
Na década dos setenta, coa mellora das súas finanzas, viaxou considerablemente, establecendo relacións con gran número de revolucionarios populistas, tales como Piotr Lavrov e Stepniak. Publicou as súas observacións do estranxeiro nun número de traballos, incluíndo Cartas de Serbia.
Ao longo dos anos setenta e oitenta continuou escribindo acerca da vida e as condicións de traballo dos campesiños rusos. A súa obra máis coñecida, O Poder da Terra, baseada nos seus estudos da vida en Nizhnii Novgorod, publicouse en 1882.
Morte
[editar | editar a fonte]Comezou a sufrir unha enfermidade mental a mediados de 1890, e morreu nun asilo de San Petersburgo en 1902.
Legado
[editar | editar a fonte]Os traballos de Uspenskii tiveron unha considerable influencia, e foron eloxiados por moitos escritores contemporáneos, incluíndo a Lev Tolstoi, Anton Chejov e Maxim Gorki.