Saltar ao contido

Deserto de Gobi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gobi»)
Modelo:Xeografía físicaDeserto de Gobi
(mn) Говь
(mn) ᠭᠣᠪᠢ
(zh-hans) 戈壁 Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipodeserto Editar o valor en Wikidata
Ecorexión (WWF)Eastern Gobi Desert steppe (en) Traducir, Alashan Plateau semi-desert (en) Traducir e Gobi Lakes Valley desert steppe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°30′N 103°00′L / 42.5, 103
Características
Altitude1.547 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1.500 (lonxitude) km
Punto máis baixoNemegt Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBogd Khan Mountain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie2.354.460 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Climacold desert climate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa do deserto do Gobi
Localización do deserto do Gobi

O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.

É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.

O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.

O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.

O clima do Gobi presenta importantes variacións segundo a estación. Entre a noite e mailo día, pódese observar unha amplitude térmica de 32 °C.

... Ulan Bator (1150 m) Sivantesa (1190 m)
Media anual -2.5 °C +2.8 °C
Media xaneiro -26.5 °C -16.5 °C
Media xullo 17.5 °C 19.0 °C
Extremas 38.0 °C e -43 °C 33.9 °C e -47 °C

Ecorrexións

[editar | editar a fonte]

O Gobi pode ser dividido en varias rexións :

  • A estepa desértica do leste do Gobi, que se estende, sobre 281.000 km², da meseta de Mongolia interior, na China, cara a Mongolia.
  • A meseta semi-desértica Alashan, situada ao suroeste desta estepa, esténdese ata a meseta do Tíbet.
  • A cunca do Xunggar, semi-desértica, está delimitada por dúas montañas pertencentes á cadea do Tian Shan.
  • O deserto do Kumtagh
  • O deserto de Hami, ao sur, ocupa o espazo comprendido entre a cadea do Tian Shan e a do Nan Shan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.