Granada Club de Fútbol B
Granada B | |||
---|---|---|---|
Nome | Granada Club de Fútbol B | ||
Alcume(s) | El B, El Recreativo | ||
Fundación | 1947 | ||
Estadio | Miguel Prieto, Granada, España | ||
Presidente | Quique Pina | ||
Adestrador | Joseba Aguado | ||
Liga | 2ªB – Grupo 3 | ||
2012–13 | 3º (3ª – Grupo 6) | ||
Na rede | |||
http://www.granadacf.es/ | |||
| |||
O Granada Club de Fútbol B é un equipo de fútbol, filial do Granada Club de Fútbol, da cidade de Granada. Foi fundado en 1947 e actualmente xoga na Segunda División B, logo de ascender por primeira vez na súa historia na tempada 2012/13.
Historia
[editar | editar a fonte]O Recreativo fundouse co motivo primordial de fornecer de xogadores ao primeiro equipo e crear un viveiro onde axuntar a todos os xogadores novos da provincia. Tralo seu fundación en 1947, adoptou as cores azul e branco ademais do nome do antigo Recreativo de Granada (actual Granada Club de Fútbol) e conseguiu unha serie de ascensos que o levou a militar durante varias tempadas na Terceira División onde chegou a enfrontarse entre outros co Real Betis Balompié.
Actualmente, conseguiu dous ascenso consecutivos, a Terceira durante a tempada 2011/12, e a Segunda División B na 2012/13. Este último, foi histórico, pois nunca antes o Granada B xogara nesa categoría.