Grundriss der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen
Grundriß der vergleichenden Grammatik der indogermanischen Sprachen ("Compendio de gramática comparada das linguas indoeuropeas") é unha obra fundamental da lingüística histórica escrita por Karl Brugmann e Berthold Delbrück, publicada en dúas edicións entre 1886 e 1916. Brugmann elaborou a fonoloxía e morfoloxía, e Delbrück dedicouse á sintaxe.
A gramática do protoindoeuropeo reconstrúese a partir da das linguas fillas que se coñecían a finais do século XIX. A obra representa un gran paso nos estudos indoeuropeos, despois da Gramática comparada, de Franz Bopp de 1833 e o Compendium de August Schleicher de 1871. A reavaliación neogramática Brugmanniana do protoindoeuropeo resultou nunha obra que, en esencia, seguiu a ser válida ata o presente.
Primeira edición
[editar | editar a fonte]- Brugmann
- vol. I: Fonoloxía (1886).
- vol. II: Nome (1888), Numerais e pronomes, Verbo (1892).
- Índices (1893).
- Delbrück
- vol. III: Sintaxe, parte I (1893).
- vol. IV: Sintaxe, parte II (1897).
- vol. V: Sintaxe, parte III (1900).
Os volumes da primeira edición traduciunos ao inglés J. Wright e W. H. D. Rouse inmediatamente tras a súa aparición.
Segunda edición
[editar | editar a fonte]Inmediatamente despois da súa publicación, Brugmann comezou a traballar nunha segunda edición amplamente revisada:
- vol. I: (1897).
- vol. II.1: (1906).
- vol. II.2: (1911).
- vol. II.3: (1916).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Acceso en liña a esta obra". Consultado o 12 de abril de 2011.