Pobo gweagal
Aparencia
(Redirección desde «Gweagal»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f5/Indig2.jpg/300px-Indig2.jpg)
Os gweagal (tamén escrito gwiyagal) son un pobo aborixe australiano do grupo dos tharawal (ou dharawal), que tradicionalmente vivían nas áreas meridionais de Sidney, Nova Gales do Sur, Australia.[1]
Os gweagal vivían na costa sur da baía Botany (Península de Kurnell). O seu territorio, aínda que non estaba claramente definido, abranguía a zona entre os ríos Cooks e Georges, ó sur de estuario de Port Hacking e ó oeste de Liverpool. Eran o pobo máis setentrional da nación dharawal.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aussie People - Aborigines". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008.
- ↑ "Kurnell - A Pictorial History". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018.