Héctor Quiroga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1933 A Coruña, España |
Morte | 5 de setembro de 2018 (85 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | oceanógrafo, biólogo mariño |
Familia | |
Pai | Domingo Quiroga |
Héctor Homero Quiroga Lorenzo, nado na Coruña o 16 de maio de 1933 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 2018,[1][2] foi un biólogo mariño e oceanógrafo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Domingo Quiroga Ríos. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid. Foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo da dirección provincial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Entre 1982 e 1985 foi o encargado de analizar e realizar o seguimento das baleas comúns cazadas pola frota galega, que eran levadas á factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Foi un dos científicos que participou nas xuntanzas da Comisión Baleeira Internacional nas que se aprobou a moratoria da caza da balea.
Obras
[editar | editar a fonte]- La riqueza marisquera de Galicia, 1974.
- Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas, 1996.
- La caza de ballenas en aguas ibéricas, 2002.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Salomé Santos Vázquez e foi pai de Domingo Antonio, Ricardo e Salomé Quiroga Santos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-9-2018, p. 47.
- ↑ As raíces da investigación oceanográfica. Faleceu o científico e exconcelleiro de Medio Ambiente Hector Quiroga Lorenzo