High Energy Transient Explorer 2
High Energy Transient Explorer 2 / HETE 2 | |
---|---|
HETE 2 | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 9 de outubro de 2000, 5:38 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus H[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kwajalein[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudo dos brotes de raios gamma.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2000-061A |
Masa | 124 kg[2] |
Dimensións | Cubo rectangular de 1,0 x 0,5 x 0,5 m[4] |
Potencia | 168 W[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6902 km[1] |
Inclinación | 2,0°[1] |
Apoapse | 542,3 km[1] |
Periapse | 520,0 km[1] |
High Energy Transient Experiment 2 ou HETE 2 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 9 de outubro de 2000 mediante un foguete Pegasus H desde Kwajalein.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de HETE 2, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta, levando a cabo a misión que HETE 1 non puido ao fallar o foguete lanzador.[1][2][4][5]
O observatorio tiña tres instrumentos:[1][2][4][5]
- FREGATE, un conxunto de espectrómetros de raios gamma de campo ancho de visión para enerxías entre 6 e 400 keV.
- WXM, un detector de raios X de campo amplo para enerxías entre 2 e 25 keV.
- SXZ, varias cámaras para raios X suaves, entre 0,5 e 10 keV.
O observatorio observaba o ceo enteiro en busca de gromos de raios gamma, sendo capaz de detectar a posición de gromo e transmitila a terra en menos de dez segundos, así como estudar a distribución e intensidade dos gromos en varias enerxías e outros fenómenos enerxéticos.[1][2][4][5]
HETE 2 tiña forma de cubo rectangular de aproximadamente 1,0 x 0,5 x 0,5 m e 124 kg de masa, con catro paneis solares saíndo da base. As comunicacións tiñan lugar en banda S para a comunicación co observatorio e VHF para a transmisión dos datos de localización de gromos.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (28 de outubro de 2022). "HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608 (E)). 1 de febreiro de 2001: 4. Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: HETE 2" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2023). "HETE" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: High Energy Transient Explorer 2 |