HaiYang 1
Aparencia
(Redirección desde «HY-1C»)
Haiyang 1 (significando Océano 1) ou HY-1, é unha serie de satélites de observación terrestre chineses.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites HY-1 usan o bus CAST968B, teñen unha masa duns 360 kg e están deseñados para facer observacións oceánicas e costeiras co fin de medir a concentración de clorofila, a temperatura superficial, a matería orgánica en disolución e a contaminación. Estabilízanse nos tres eixos e teñen forma de caixa, cun par de paneis solares a cada lado. Entre os instrumentos de a bordo contan cunha cámara en cor para observar o océano en dez bandas espectrais e outra cámara CCD de catro bandas. Os satélites HY-1 son lanzados mediante foguetes CZ-4B ou CZ-2C desde o Centro de Lanzamento de Taiyuan.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
HY 1A | 15 de maio de 2002 | CZ-4B | Éxito |
HY 1B | 11 de abril de 2007 | CZ-2C | Éxito |
HY 1C | 7 de setembro de 2018 | CZ-2C | Éxito |