Saltar ao contido

Haloquadratum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Haloquadratum walsbyi»)

Haloquadratum
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Archaea
Filo: Euryarchaeota
Clase: Halobacteria
Orde: Halobacteriales
Familia: Halobacteriaceae
Xénero: Haloquadratum
Nome binomial
'Haloquadratum'
Burns et al. 2007
Especies
  • H. walsbyi

Haloquadratum ("cadrado do sal", abreviado Hqr.) é un xénero de arqueas da familia Halobacteriaceae.[1] A primeira e polo momento única especie identificada neste xénero foi Haloquadratum walsbyi, que é moi peculiar pola súa forma cadrada e plana.[2]

Este microorganismo descubriuno en 1980 A.E. Walsby na lagoa salina costeira de Gavish Sabkha na Península do Sinaí en Exipto, non foi cultivada ata 2004, e foi formalmente descrita por Burns et al. en 2007.[3] Cando os investigadores estaban intentando cultivar Haloquadratum walsbyi, illaron tamén a especie Haloarcula quadrata, que ten tamén unha "forma de célula predominantemente cadrada, algo pleomórfica, e plana",[4] pero este organismo é xeneticamente bastante diferente de Haloquadratum, pertence a un xénero distinto, e non é un microbio dominante en lagos salgados.

Haloquadratum é salientable polas súas células de forma cadrada regular e extremadamente fina (arredor de 0,15 μm), e a súa relativa abundancia en ambientes halófilos.

As células conteñen tipicamente gránulos de polihidroxialcanoato (PHA) e gran número de vacúolos cheos de gas que lle proporcionan flotabilidade en ambientes acuosos e poderían situar as células á profundidade que maximice a captación de luz.[5] As células poden unirse con outras para formar láminas de ata 40 microns. Estas láminas son moi fráxiles e as conexións entre as células na lámina rompen doadamente.

Haloquadratum walsbyi é moi abondosa nas augas hipersalinas de todo o mundo. Cando a auga do mar evapora, orixínanse altas concentracións e precipitación de carbonato de calcio e sulfato de calcio, dando lugar a unha salmoira rica en cloruro sódico hipersalina. Unha maior evaporación dá lugar á precipitación de cristais de cloruro sódico ou halita, e despois a unha salmoira con cloruro magnésico concentrado. Durante o estadio final da formación de halita, antes de que as elevadas concentracións de cloruro magnésico fagan que a salmoira se faga estéril, H. walsbyi se reproduce activamente e chega a constituír o 80% da biomasa da salmoira.

O mapado do xenoma de Haloquadratum walsbyi está completo, o que permitiu unha mellor comprensión da xenealoxía e taxonomía do organismo, e o seu papel no ecosistema.[6] Unha comparación xenómica dos illados examinados de España e Australia (cepas HBSQ001 e C23T) suxire claramente que experimentou unha rápida dispersión global, xa que son moi similares e manteñen a orde dos seus xenes (sintenia).[7]

O seu tipo de metabolismo non se coñece ben, e espérase que unha información xenética máis completa axude a esclarecela.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Haloquadratum walsbyi atopouse primeiro en lagoas salinas en Exipto, pero pode encontrarse en corpos de auga hipersalinos de todo o mundo. A evaporación de auga nestas lagoas orixina altas concentracións de sal que son o ambiente de óptimo crecemento de Haloquadratum walsbyi. Segundo Bolhuis et al., "Neste sentido son os organismos máis hiperhalófilos coñecedios, xa que unha maior concentración de sales de magnesio causa a esterilidade das salmoiras." O seu papel preciso no ecosistema non se coñece con seguridade, pero un maior estudo desta especie seguramente fornecerá moita información sobre a evolución morfolóxica e adaptación das arqueas.

  1. Ver no NCBI a páxina sobre Haloquadratum. Datos extraídos de "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2014-06-25. 
  2. Stoeckenius W (1 October 1981). "Walsby's square bacterium: fine structure of an orthogonal procaryote". J. Bacteriol. 148 (1): 352–60. PMC 216199. PMID 7287626. 
  3. Janssen, Peter H.; et al. (2007-02-01). "Haloquadratum walsbyi gen. nov., sp. nov., the square haloarchaeon of Walsby, isolated from saltern crystallizers in Australia and Spain". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (en inglés) 57 (2): 387–392. ISSN 1466-5026. doi:10.1099/ijs.0.64690-0. 
  4. Oren, A.; Ventosa, A.; Gutierrez, M. C.; Kamekura, M. (1999-07-01). "Haloarcula quadrata sp. nov., a square, motile archaeon isolated from a brine pool in Sinai (Egypt)". International Journal of Systematic Bacteriology (en inglés) 49 (3): 1149–1155. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-49-3-1149. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 07 de maio de 2019. 
  5. Oren A, Pri-El N, Shapiro O, Siboni N (2006). "Buoyancy studies in natural communities of square gas-vacuolate archaea in saltern crystallizer ponds". Saline Systems 2: 4. PMC 1459177. PMID 16613609. doi:10.1186/1746-1448-2-4. 
  6. "J. Craig Venter Institute". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de xuño de 2014. 
  7. Dyall-Smith, M. L.; Pfeiffer, F.; Klee, K.; Palm, P.; Gross, K.; Schuster, S. C.; Rampp, M.; Oesterhelt, D. (2011). "Haloquadratum walsbyi : Limited Diversity in a Global Pond". In Lopez-Garcia, Purification. PLoS ONE 6 (6): e20968. doi:10.1371/journal.pone.0020968. PMC 3119063. PMID 21701686.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Revistas científicas
  • Burns DG, Camakaris HM, Janssen PH, Dyall-Smith ML (2004). "Cultivation of Walsby's square haloarchaeon". FEMS Microbiol. Lett. 238 (2): 469–73. PMID 15358434. doi:10.1016/j.femsle.2004.08.016. 
  • Oren A, Ventosa A (2000). "International Committee on Systematic Bacteriology Subcommittee on the taxonomy of Halobacteriaceae. Minutes of the meetings, 16 August 1999, Sydney, Australia". Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 50: 1405–7. PMID 10843089. 
Libros científicos
  • Gibbons, NE (1974). "Family V. Halobacteriaceae fam. nov.". En RE Buchanan and NE Gibbons, eds. Bergey's Manual of Determinative Bacteriology (8th ed.). Baltimore: The Williams & Wilkins Co. ISBN 0-683-01117-0. 
Bases de datos científicas

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]