Saltar ao contido

Hapoel Gilboa Galil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hapoel Galil Gilboa»)
Hapoel Gilboa Galil
Información xeral
Liga Liga Lemuit
Fundación 2008
Historia Hapoel Galil-Elyon (1978-2008)
Cores           Vermello, branco
Presidente Haim Ohayon
Adestrador Ariel Bet-Halachmi
Localización
Cidade Gan Ner, Israel
Pavillón Gan Ner Sports Hall
Capacidade 2.057
Inauguración 2008
Campionatos
Liga 1 (2010)
Liga BIBL 2 (2012, 2013)
gilboa-galil.co.il

O Hapoel Gilboa Galil (en hebreo: הפועל גלבוע גליל‎) é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Gan Ner. O club xoga na Liga Lemuit, a segunda división israelí. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Gan Ner con capacidade para 2500 espectadores.

O club foi fundado en 2008 pola fusión do Hapoel Gilboa (que previamente se fusionara co Hapoel Afula, os cales recuperaron a súa independencia) e o Hapoel Galil Elyon. O club continuou coa praza do Hapoel Galil Elyon na Ligat ha'Al, a primeira división de baloncesto israelí. O acordo de fusión foi nun principio para xogar o 70% dos partidos na cidade de Gan Ner e o outro 30% do Hapoel Galil Elyon en Kfar Blum, aínda que na práctica a gran maioría dos encontro xóganse en Gan Ner.

En maio de 2010, o Hapoel Gilboa Galil gañou o campionato despois de derrotar aos campións defensores do título, e grandes dominadores do baloncesto de Israel, o Maccabi Tel Aviv, cun marcador de 90-77 na final dos playoffs.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]