Heitor (nome)
Heitor[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego Héktōr, que se interpreta como 'rexedor (do pobo)'. A acentuación moderna deste nome é aguda,[2] segundo a adaptación que sufriu na Idade Media.
En xaneiro de 2023 existían 51 varóns en Galicia co nome Heitor, cunha media de idade de 22,4 anos.[3]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]A popularidade do nome débese ao personaxe da mitoloxía grega Heitor, fillo do rei Príamo, o máis valente e afouto dos guerreiros de Troia. Durante a Idade Media, o nome Heitor tivo algunha presenza en Galicia. Porén, coa chegada do século XVI, comezou a desaparecer debido á influencia das normas eclesiásticas. Un exemplo disto foi unha disposición do bispado de Ourense en 1544, que instaba aos cregos a evitar nomes considerados non cristiáns durante os bautismos, promovendo o uso exclusivo de nomes de santos e santas.[2]
Heitor noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Hektor
- Catalán: Hèctor
- Castelán: Héctor
- Éuscaro: Hektor
- Francés: Hector
- Inglés: Hector
- Italiano: Ettore
- Portugués: Heitor
- Ruso: Gektor
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.). "Heitor". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>
. - ↑ Nome Heitor na Web do Intituto Galego de Estatística