Heriberto II de Vermandois
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Herbert II de Vermandois ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 880 ![]() |
Morte | 23 de febreiro de 943 ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Lugar de sepultura | Saint-Quentin ![]() |
Lay abbot (en) ![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | relixioso ![]() |
Outro | |
Título | Conde ![]() |
Familia | Dinastía Carolinxia e Herbertiens (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Adela da França Hildebrande von Franken ![]() |
Fillos | Guy I de Vermandois ( ![]() Odón de Vermandois ( ![]() Herberto III de Omois ( ![]() Adela de Vermandois ( ![]() Luitgarda de Vermandois ( ![]() Hugo de Vermandois ( ![]() Roberto I de Vermandois ( ![]() Adalberto I, Conde de Vermandois ( ![]() ![]() |
Pai | Heriberto I de Vermandois ![]() |
Irmáns | Béatrice de Vermandois ![]() |
![]() |
Heriberto ou Herberto II, nado en 880 e finado o 23 de febreiro de 943, foi conde de Vermandois, Soissons e Meaux á morte do seu pai Heriberto I entre 900 e 907.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes do 907, Heriberto II casara con Adela de Francia, filla de Roberto, marqués de Neustria e futuro rei de Francia co nome de Roberto I. Desta unión naceron:
- Odón (c. 915 -desde 946), conde de Amiens.
- Adela (m. 960), casada en 934 con Arnulfo I de Flandres (890-964), conde de Flandres.
- Hugo (920 -962), conde e bispo de Reims.
- Lutgarda de Vermandois, casou ao redor do 937 con Guillerme Espada Longa (m. 942), duque de Normandía, e máis tarde ao redor do 943 con Teobaldo o Vagabundo (? 975), conde de Blois.
- Heriberto III chamado o Vello (c. 927- 982), conde de Omois.
- Roberto (c. 932- m. despois do 966), conde de Meaux e Troyes.
- Adalberto ou Alberte I (934-987), conde de Vermandois.
Herdou a propiedade do seu pai e aumentou o seu poder territorial cara a Vexin e Champaña supostamente polo seu matrimonio coa condesa Adela de Meaux (filla de Roberto, marqués de Neustria (888-922), despois rei de Francia), sendo mencionado tamén en 918 como conde de Mazerais. En 922 loitou xunto ao bispo Seúlfo de Reims contra os seus vasalos sublevados e participou na revolta dos grandes homes do reino contra o rei de Francia Occidental Carlos o Simple ao que capturou con traizón en 923 en Château-Thierry ao que máis tarde levou a Péronne. Gardouno preso e empregouno como medio de presión contra o rei Raúl, e en 925, á morte do bispo Seúlfo, obtivo deste rei o bispado de Reims, cunha gran propiedade, para o seu segundo fillo Hugo de cinco anos.
En 926 apoderouse de Amiens e, á morte do conde Roger I de Laon, pediu o condado para o seu fillo máis vello e, a pesar da oposición do rei, ocupouno pola forza e finalmente Raúl tivo que transixir para evitar que Heriberto II liberase ao rei Carlos III (928); en Laon construíu unha cidadela (castelo de Gaillot). En 930 ocupou o castelo de Vitry no Perthois que pertencía a Bosón, irmán do rei Raúl e este reuniu un exército coa axuda de Hugo o Grande, marqués de Neustria e no 931 conquistaron Reims onde instalaron un novo bispo na persoa de Artaud; entón as forzas do rei reconquistaron Vitry e Laon e entraron en Château-Thierry e Soissons; Heriberto aínda conservou a cidadela de Laon (ata 938). Entón o conde achegouse ao rei de Alemaña Henrique o Paxareiro (931), pero finalmente someteuse ao rei de Francia Occidental en 935 e, coa mediación do rei Henrique de Alemaña, foi reposto en todos os seus dominios excepto Laon e Reims. O rei Lois IV de Ultramar deu o condado de Laon en 941 a Roger II, fillo do conde Roger I, e isto provocou unha nova revolta de Heriberto II, aliado cos duques de Neustria e Normandía, Hugo o Grande e Guillerme Longa Espada; Heriberto entrou en Reims e restaurou ao seu fillo Hugo como bispo, e o bispo Artaud (ou Artald) foi feito prisioneiro; a mediación de Odón I do Sacro Imperio Romano Germánico levou a unha transacción (Tratado de Visé, preto de Liexa, en 942).
Segundo Raoul Glaber[1] e tamén Dom Le Long, que menciona unha memoria local como fonte, foi presuntamente aforcado por orde de Lois IV de Ultramar o 23 de febreiro de 943[2][3]. Despois da súa morte e co fin de poñer fin ao poder de Vermandois, o seu cuñado, Hugo o Grande, repartiu os seus bens entre os seus diversos fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Louis-Paul Colliette, Mémoires pour servir à l'histoire ecclésiastique, civile et militaire de la province du Vermandois, Berthoud, 1771, pàg. 457
- ↑ . L'esprit des journaux J. J. Tutot, 1785,pàg. 89
- ↑ . Philippe Lauer, Le régne de Louis IV d'Outre-mer, pàg. 292,293, É. Bouillon, 1900
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heriberto II de Vermandois ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire génealogique de l'auguste maison de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ISBN 2-9501509-3-4