Girolamo Fabrizi d'Acquapendente
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (it) Girolamo Fabrici d'Acquapendente ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de maio de 1533 ![]() Acquapendente, Italia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 21 de maio de 1619 ![]() Padua, Italia ![]() |
Residencia | Italia ![]() |
Educación | Universidade de Padua ![]() |
Director de tese | Gabriele Falloppio ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Anatomía ![]() |
Ocupación | cirurxián, profesor universitario, anatomista ![]() |
Empregador | Universidade de Padua ![]() |
Profesores | Gabriele Falloppio ![]() |
Alumnos | William Harvey, Emilio Parisano (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Obra | |
Doutorando | William Harvey e Adrianus Spigelius (pt) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, ![]() ![]() |
Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, (en latín, Hieronymus Fabricius; en galego, Xerome Fabricio), nado en Acquapendente en 1537 e finado o 21 de maio de 1619, foi un destacado anatomista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Biografía académica
[editar | editar a fonte]Fabricio estudou en Padua, onde terminou ocupando a cátedra de cirurxía até entón nas mans do seu antigo profesor Gabriele Falloppio (1523-1562). O seu alumno máis soado será William Harvey (1578-1657), con quen lle unirá unha longa amizade e ao que axudará considerablemente nos seus traballos sobre a circulación sanguínea.
Labor
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Acquapendente_-_Operationes_chirurgicae%2C_1685_-_2984755.tif/lossy-page1-220px-Acquapendente_-_Operationes_chirurgicae%2C_1685_-_2984755.tif.jpg)
Fabricio foi o primeiro en aplicar exhaustivamente o método de Vesalio da observación directa ao estudo dos embrións. Así mesmo, foi pioneiro na publicación de ilustracións baseadas no estudo sistemático do desenvolvemento do pito.
Grazas á disección de animais, Fabricius investigou a formación do feto, a estrutura do esófago, o estómago e o intestino, así como as particularidades do ollo, o oído e a larinxe. A súa principal achega foi o descubrimento das válvulas membranosas no interior das veas.
Fabricio estudou a embrioxénese de varios vertebrados, facendo especial énfase na anatomía dos embrións máis que nos procesos de desenvolvemento. A bolsa de Fabricio das aves (órgano inmunitario e hematopoético) recibe ese nome no seu honor. A súa visión da nova embrioloxía está presente na influencia que exerceu sobre William Harvey.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Os seus escritos de anatomía e fisioloxía foron reunidos baixo o título de Opera omnia anotomica et phisiologica e os seus tratados de cirurxía na súa Opera chirurgica(1617).
Notas
[editar | editar a fonte]- William A. Locy (1925). The Story of Biology. Columbia University Press : xiv 495 p.
- Oppenheimer, J. (1967) Essays in the history of biology and embryology, M.I.T. Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obra de Fabricius (en francés)