Hipergaleguismo
Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son vocábulos creados en galego como consecuencia da aplicación inaxeitada de regras de analoxía co castelán. Este tipo de creacións, que nacen do afán diferencialista con respecto ó castelán, son rexeitadas pola norma. Por exemplo, se o habitual é que as palabras rematadas en -ina do castelán en galego rematen en -iña, aplícaselle a regra a palabras que, por razóns de historia da lingua galega, non se forman dese xeito (gasoliña).
Afectan case exclusivamente á lingua escrita, e de forma moi especial aos rexistros cultos. Porén, tamén abundan nos rexistros informais e de nivel vulgar (mais a maioría son raros en falantes que teñen o galego por lingua materna):
Son hipergaleguismos e, por tanto, incorrectos, os seguintes exemplos:
Hipergaleguismo | Forma correcta |
---|---|
*brilar | brillar |
*destiño | destino |
*estrano | estraño |
*gasoliña | gasolina |
*hourizonte | horizonte |
*humán | humano |
*urbán | urbano |
*semán | semana |
*inconvinte | inconveniente |
*primaveira | primavera |
*sinceiro | sincero |
*zoa (subs.) | zona |
*abandoar | abandonar |
*púbrico | público |