Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística
O Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE) é un organismo público da administración federal brasileira creado en 1934 e instalado en 1936 co nome de Instituto Nacional de Estatística.[1] O seu fundador e grande incentivador foi o estatístico Mário Augusto Teixeira de Freitas. O nome actual data de 1938. A sede do IBGE está localizada na cidade de Río de Xaneiro.
O IBGE ten atribucións ligadas ás xeociencias e estatísticas sociais, demografía e economía, o que inclúe realizar censos e organizar as información obtidas neses censos, para suprir órganos das esferas gobernamentais federal, estatal e municipal, e para outras institucóns e o público en xeral.
A lexislación vixente, de acordo co Decreto Federal nº 73 177 do 20 de novembro de 1973[2] e a Lei nº 5 534 do 14 de novembro de 1968,[3] modificada pola Lei nº 5 878 do 11 de maio de 1978,[4] dispón sobre a obrigatoriedade e sixilo das informacións recadadas polo IBGE, as cales destináranse, exclusivamente, a fins estatísticos e non poderán ser obxecto de certeza e nin terán eficacia xurídica como medio de proba.
O IBGE é unha entidade da administración pública federal, constituída na forma de fundación pública polo Decreto-lei nº 161, do 13 de febreiro de 1967,[5] vinculada ao ministerio de Economía.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Anteriormente ao IBGE, foi instituída en 1871 a Diretoria Geral de Estatística (DGE), subordinada ao Ministerio de Negocios do Imperio Brasileiro, e que realizou o primeiro censo o ano seguinte. A DGE pasou tamén a catalogar rexistros de nacemento, matrimonio e óbito cando se implantou a República, realizando tres censos máis, en 1890, 1900 e 1920. Un ano despois da Revolución de 1930, a DGE foi disolto.
Fundación
[editar | editar a fonte]A data oficial de creación do IBGE é o 29 de maio de 1936, cando foi regulamentado o Instituto Nacional de Estatística (INE), aínda que o Decreto n. 24 609, que o instituíu, data do 6 de xullo de 1934. O INE foi fundado por un conxunto de estudosos liderado por Mário Augusto Teixeira de Freitas, quen vían a necesidade de organizar os datos estatísticos nun organismo centralizado. Polo Decreto n. 1 527 (1937), foi creado temén o Conselho Brasileiro de Geografia (CBG).
O IBGE, no seu formato actual, foi creado mediante o Decreto-Lei n. 218 do 26 de xaneiro de 1938, resultante da integración das competencias do INE e do CBG nun único órgano.[6][7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos a institución ten publicado obras cuxa liña editorial ten a ver coas competencias do órgano, de entre as publicacións, atópase a Enciclopédia dos Municípios Brasileiros inicialmente publicada en 1957.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IBGE :: Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística". Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ Decreto nº 73.177 de 20 de novembro de 1973
- ↑ Lei nº 5.534 de 14 de novembro de 1968
- ↑ Lei nº 5.878 de 11 de maio de 1978
- ↑ "Decreto-Lei 161". Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ "estatico.concursosnobrasil.com.br - pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2021.
- ↑ Memória IBGE - Linha do tempo resumida; A Criação do IBGE no Contexto da Centralização Política do Estado Novo, 1993, Eli Alves Penha; IBGE: um retrato histórico, 1992, Jayci de Mattos Madeira Gonçalves