Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas
Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas | |
---|---|
Acrónimo | ICADE |
Tipo | Escola de negocios, entidade desaparecida e organización católica |
Data de fundación | 1956 |
Data de disolución | 1960 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas (ICADE= foi unha institución desaparecida en 1978 ao integrarse na Universidade Pontificia Comillas dando lugar a dúas facultades de dita universidade, a Facultade de Dereito[1] e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais,[2] facultades ambas que foran fundadas en 1956.
Na actualidade, segundo o Manual de Identidade Corporativa, só se pode engadir o acrónimo entre parénteses a continuación do nome oficial de cada unha destas dúas facultades, en recordo ao nome da desaparecida institución.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O ICADE ten a súa orixe en 1956, época na que desenvolve as súas actividades no marco do Colegio Universitario del Buen Consejo, un Seminario Técnico de Dirección de Empresas que, nun principio, limitábase á formación de posgraduados que desexaban acceder a postos directivos das empresas.
En 1960 únese ao ICAI para formaren ICADE-ICAI. Este mesmo ano inaugura o seu programa estrella E-3, exixente programa de estudos que combina as dúas licenciaturas, Ciencias Económicas e Empresariales e Dereito, converténdose así na primeira institución académica de España en ofrecer un programa conxunto deste tipo.
En 1978 ICADE-ICAI intégrase na Universidade Pontificia de Comillas. A marca ICADE anéxase a dúas facultades da universidade.
Facultade de Dereito
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2012) o seu Decano é Íñigo Navarro Mendizábal.
Departamentos
[editar | editar a fonte]- Departamento de Dereito Privado
- Departamento de Dereito Económico e Social
- Departamento de Dereito Público
- Departamento de Disciplinas Comúns
Cátedras
[editar | editar a fonte]- Cátedra Jean Monet Comisión Europea
- Cátedra Santander de Dereito e Menores
Titulacións
[editar | editar a fonte]Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]
Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
Grao en Dereito | E-1 | 235 |
Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-3 | 354 |
Grao en Dereito s Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública | E-5 | 89 |
Máster Universitario en Dereito da Empresa | 21 | |
Máster Universitario en Investigación en Ciencias Xurídicas | 9 | |
Máster Universitario en Propiedade Intelectual | 15 | |
Máster Universitario en Tributación e en Fiscalidade Internacional | 7 | |
Máster Universitario en Asuntos Internacionais: Economía, Política e Dereito | 21 |
- Plans de Estudo en extinción:
- Licenciaturas
- Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración
- Licenciatura en Dereito e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-3)
- Licenciatura en Dereito e Diploma en Estudos Empresariais (E-1)
- Licenciatura en Dereoto e Diploma en Relacións Internacionais (E-1)
Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE)
[editar | editar a fonte]O Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) é un centro pertencente á Facultade de Dereito (ICADE) que se encarga da promoción, coordinación e execución de actividades universitarias dirixidas a fomentar a innovación, a facilitar a formación permanente e a fortalecer a relación da Facultade de Dereito cos colexios profesionais e outras institucións do ámbito xurídico.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2012) o seu decano é Alfredo Arahuetes García.
Departamentos
[editar | editar a fonte]- Departamento de Economía
- Departamento de Xestión Empresarial
- Departamento de Xestión Financeira
- Departamento de Mercadotecnia
- Departamento de Métodos Cuantitativos
Cátedras
[editar | editar a fonte]- Cátedra de Ética Económica e Empresarial
- Cátedra ALTAE
- Cátedra de Internacionalización Empresarial, Diversidade e Desenvolvemento Profesional (Nova creación 2010/2011)
Titulacións
[editar | editar a fonte]Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]
Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-2 | 672 |
Grao en Ciencias Empresariais Internacionais | E-4 | 269 |
Máster Universitario en Administración de Empresas (MBA) | 46 | |
Máster Universitario en Finanzas | 25 | |
Máster Universitario en Investigación en Economía e Empresa | 50 | |
Máster Universitario en Mercadotecnia | 25 | |
Máster Universitario en Recursos Humanos | 23 |
- Plans de Estudo en extinción
- Licenciaturas
- Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-2)
- Licenciatura en Ciencias Actuariais e Financeiras
ICADE Business School
[editar | editar a fonte]O ICADE Business School é un centro docente pertencente á la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE) que se ocupa da formación de posgrao empresarial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Facultad de Derecho-ICADE
- ↑ Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales-ICADE
- ↑ "Manual de Identidad Corporativa". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "La Universidad en cifras, curso 2011-12" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2012. Consultado o 22 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ICADE Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.
- Web do 50º aniversario do ICADE
- ICADE Asociación
- Club Empresarial ICADE
- Manual de Identidad Corporativa Arquivado 04 de maio de 2012 en Wayback Machine.