International Plant Names Index
International Plant Names Index | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | base de datos en liña e base de datos taxonómica ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Real Xardín Botánico de Kew, Harvard University Herbaria (en) ![]() ![]() ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1999 ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | ipni.org ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero.[1] Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.[2][3]
O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.
Descrición
[editar | editar a fonte]O IPNI é o produto dunha colaboración entre os Royal Botanic Gardens, Kew (Index Kewensis), os Harvard University Herbaria (Gray Herbarium Index), e o Australian National Herbarium (APNI). A base de datos IPNI é unha colección de nomes rexistrados polas tres institucións cooperantes e estas traballan cara a estandarización da información. O estándar de abreviacións de autores recomendado polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas é a obra de Brummitt and Powell Authors of Plant Names. No IPNI pode consultarse unha lista de autores e abreviacións dixitalizada e continuamente posta ao día.
Máis que prescribir a nomenclatura botánica aceptada, o que fai o IPNI é proporcionar nomes que aparecesen en publicacións eruditas co obxectivo de prover dun índice de nomes publicados.[2] The Plant List é un proxecto complementario iniciado en 2010, que pretende determinar cales son os nomes aceptados das especies. O uso do IPNI é gratuíto.
Un proxecto similar, que fai unha listaxe de nomes de fungos, é o Index Fungorum.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Index Kewensis". International Plant Name Index. Consultado o 21 de novembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 Lughadha, Eimear Nic (29 April 2004). "Towards a working list of all known plant species". Philosophical Transactions of the Royal Society of London. Series B: Biological Sciences 359 (1444): 681–687. PMC 1693359. PMID 15253353. doi:10.1098/rstb.2003.1446. ISSN 0962-8436, ISSN 1471-2970. Consultado o 21 de novembro de 2013.
- ↑ Croft, J.; Cross, N.; Hinchcliffe, S.; Lughadha, E. Nic; Stevens, P. F.; West, J. G.; Whitbread, G. (1999). "Plant Names for the 21st Century: The International Plant Names Index, a Distributed Data Source of General Accessibility". Taxon 48 (2): 317. ISSN 0040-0262. doi:10.2307/1224436. Consultado o 21 de novembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikidata ten a propiedade: International Plant Names Index plant identifiers (P961) (Ver os seus usos) |
![]() |
Wikidata ten a propiedade: International Plant Names Index author identifiers (P586) (Ver os seus usos) |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do IPNI
- Plant Name search – busca do IPNI por nomes de plantas
- Author search – busca do IPNI por nomes de autor e abreviacións estándar