Inérmidos
Aparencia
(Redirección desde «Inermiidae»)
Os Inérmidos (Inermiidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico occidental.
Características
[editar | editar a fonte]Non teñen dentes nas mandíbulas nin no vómer nin no padal. Presentan dous grandes poros submaxilares. Mandíbula superior moi protáctil.
Dúas aletas dorsais: a primeira con 10-19 espiñas e a segunda con dúas ou ningunha espiña e 10 radios brandos; a aleta anal con tres espinas e 8-10 radios brandos. Caudal profundamente furcada.
A lonxitude máxima descrita é de 25 cm.
Forman bancos que se alimentan de plancto en augas abertas, pero á hora de reproducirse son peláxicos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Só ten dous xéneros cunha especie cada un:
- Xénero Emmelichthyops:
- Emmelichthyops atlanticus (Schultz, 1945)
- Xénero Inermia:
- Inermia vittata (Poey, 1860)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Inérmidos |
- Taxonomía FishBase (en inglés)
- Taxonomía ITIS(en inglés)