Inhibidor da colinesterase
Inhibidor da colinesterase | |
---|---|
Clase de fármaco | |
Identificadores da clase | |
Uso | enfermidade de Alzheimer |
Código ATC | N06#N06DA Anticolinesterases |
Mecanismo de acción | inhibidor encimático |
Diana biolóxica | Colinesterase |
Datos clínicos | |
Drugs.com | Clases de fármacos |
WebMD | da colinesterase/article.htm MedicineNet |
Ligazóns externas | |
MeSH | D002800 |
Status legal | |
[[d:raw |En Wikidata]] |
Os inhibidores da colinesterase (ChEIs), tamén coñecidos como compostos anticolinesterase, son compostos que impiden a degradación do neurotransmisor acetilcolina ou da butirilcolina (composto sintético usado en probas bioquímicas). No corpo, isto incrementa a cantidade de acetilcolina na fenda sináptica que se pode unir aos receptores muscarínicos, receptores nicotínicos e outros. Este grupo de inhibidores divídese en dous subrupos, os inhibidores da acetilcolinesterase (AChEIs) e os inhibidores da butirilcolinesterase (BChEIs).[1][2][3]
Os inhibidores da colinesterase poden usarse como fármacos para tratar o alzhéimer e a miastenia grave, e tamén como arma química e insecticida.[4][5] Os efectos secundarios que aparecen cando se usan estas medicinas poden ser os seguintes: perda de apetito, náuseas, vómitos, diarrea, soños vívidos nocturnos, deshidratación, erupción cutánea, bradicardia, úlcera péptica, convulsións, perda de peso, rinorrea, salivación, cambras musculares e fasciculacións.[6][7]
Os inhibidores da colinesterase actúan indirectamente como fármacos parasimpatomiméticos.[8]
Os inhibidores da colinesterase úsanse moito como arma química.
Uso médico
[editar | editar a fonte]Disponse comercialmente de tres inhibidores da colinesterase para o tratamento do alzhéimer,[6] que son a rivastigmina, donepezil e galantamina, outros compostos aprobados como a tacrina non están polo momento dispoñibles.[6] Úsanse xeralmente para tratar a enfermidade de Alzheimer e a demencia.[6] Se producen un beneficio, este aparece durante o segundo ou terceiro mes de tratamento.[6]
É difícil de determinar que inhibidor da colinesterase ten maior eficacia, debido a fallos no deseño dos estudos para facer comparacións.[9]
A piridostigmina utilízase no tratamento da miastenia grave.[10]
A neostigmina utilízase na combinación cun antagonista muscarínico para reverter os efectos de relaxantes musculares non despolarizantes, como o bromuro de rocuronio.
Toxicidade dos inhibidores da colinesterase
[editar | editar a fonte]Efectos secundarios comúns dos inhibidores d colinesterase son: insomnio, náuseas e vómitos, lesións accidentais, dor de cabeza, mareos, bradicardia, hipotensión, equimose e trastornos do sono.[11]
Afinidade de unión
[editar | editar a fonte]Inhibidores da acetilcolinesterase
[editar | editar a fonte]O donepezil, a fenserina, a huperzina A e o BW284c51 son inhibidores selectivos da AChE.[12][9]
Inhibidores da butirilcolinesterase
[editar | editar a fonte]A Tetra (monoisopropil) pirofosforamida (Iso-OMPA) e a etopropazina son inhibidores selectivos da BChE.[12]
Inhibidores de AChE e BChE
[editar | editar a fonte]O paraoxón e a rivastigmina son inhibidores tanto da acetilcolinesterasee coma da butirilcolinesterase.[12][9][7]
En 2015, a base de datos do Sistema de Informe de Eventos Adversos da FDA dos Estados Unidos comparou a rivastigmina con outros fármacos inhibidores da colinesterase como donepezil e galantamine e atopou que a rivastigmina estaba asociada cunha maior frecuencia de informes de morte como evento adverso.[13]
Inhibidor da acetilcolinesterase e modulador do receptor nicotínico
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Modulador alostérico e Receptor nicotínico.
A galantamina podería ser tolerada peor que o donepezil e a rivastigmina.[9]
Armas químicas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Arma química.
Os inhibidores da colinesterase úsanse moito como arma química. Desde novembro de 2019 o grupo de inhibidores da colinesterase coñecidos como Novichoks foron prohibidos como axentes para a guerra baixo a Convención de Armas Químicas.[14] Os axentes Novichok son compostos organofosfatos neurotóxicos e considéranse máis potentes que o gas VX, que é tamén un composto organofosfato.[15]
Intento de asasinato
[editar | editar a fonte]Os inhibidores da colinesterase atraeron a atención pública en 2020 cando a figura da oposición rusa ao réxime de Vladimir Putin Alexei Navalny foi tratado no hospital Charité de Berlín por envelenamento polo axente nervioso de fabricación rusa coñecido desde 2019 como pertencente ao subgrupo dos axentes Novichok de inhibidores da colinesterase. Navalny conseguiu recuperarse pero con graves secuelas.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ English, Brett A.; Webster, Andrew A. (2012). "Acetylcholinesterase and its Inhibitors". Primer on the Autonomic Nervous System. Elsevier. pp. 631–633. ISBN 978-0-12-386525-0. doi:10.1016/b978-0-12-386525-0.00132-3.
- ↑ Deutch, Ariel Y.; Roth, Robert H. (2014). "Pharmacology and Biochemistry of Synaptic Transmission". From Molecules to Networks. Elsevier. pp. 207–237. ISBN 978-0-12-397179-1. doi:10.1016/b978-0-12-397179-1.00007-5.
- ↑ Colovic, Mirjana B.; Krstic, Danijela Z.; Lazarevic-Pasti, Tamara D.; Bondzic, Aleksandra M.; Vasic, Vesna M. (2013-04-01). "Acetylcholinesterase Inhibitors: Pharmacology and Toxicology". Current Neuropharmacology (Bentham Science Publishers Ltd.) 11 (3): 315–335. ISSN 1570-159X. PMC 3648782. PMID 24179466. doi:10.2174/1570159x11311030006.
- ↑ "Cholinesterase Inhibitors (Medical Use & WMD)". PharmWiki. Tulane University School of Medicine. Consultado o 24 de agosto de 2020.
- ↑ Mandour, Raafat (2013). "Environmental Risks of Insecticides Cholinesterase Inhibitors". Toxicology International (United States National Library of Medicine) 20 (1): 30–34. PMC 3702124. PMID 23833435. doi:10.4103/0971-6580.111556.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Budson, Andrew E.; Solomon, Paul R. (2016). "Cholinesterase Inhibitors". Memory Loss, Alzheimer's Disease, and Dementia. Elsevier. pp. 160–173. ISBN 978-0-323-28661-9. doi:10.1016/b978-0-323-28661-9.00016-0.
- ↑ 7,0 7,1 Khoury, Rita; Rajamanickam, Jayashree; Grossberg, George T. (2018-01-08). "An update on the safety of current therapies for Alzheimer's disease: focus on rivastigmine". Therapeutic Advances in Drug Safety (SAGE Publications) 9 (3): 171–178. ISSN 2042-0986. PMC 5810854. PMID 29492246. doi:10.1177/2042098617750555.
- ↑ Forrester, John V.; Dick, Andrew D.; McMenamin, Paul G.; Roberts, Fiona; Pearlman, Eric (2016). "General and ocular pharmacology". The Eye. Elsevier. pp. 338–369.e1. ISBN 978-0-7020-5554-6. doi:10.1016/b978-0-7020-5554-6.00006-x.
Os parasimpatomiméticos son un grupo de fármacos que actúa ou ben directamente estimulando o receptor muscarínico, por exemplo a pilocarpina, ou inhibindo o encima acetilcolinesterase, que hidroliza a acetilcolina na sinapse.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 Hersen, Michel (2006). Comprehensive handbook of personality and psychopathology. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley. p. 514. ISBN 978-0-471-75725-2. OCLC 63041762.
- ↑ Organización Mundial da Saúde (2009). Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. p. 429. ISBN 9789241547659. hdl:10665/44053.
- ↑ "Prescribing information : Aricept" (PDF). FDA access data. Eisai Inc. and Pfizer Inc. 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-02-21. Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Waiskopf, Nir; Soreq, Hermona (2015). "Cholinesterase Inhibitors". Handbook of Toxicology of Chemical Warfare Agents. Elsevier. pp. 761–778. ISBN 978-0-12-800159-2. doi:10.1016/b978-0-12-800159-2.00052-x.
- ↑ Ali TB, Schleret TR, Reilly BM, Chen WY, Abagyan R (2015). "Adverse Effects of Cholinesterase Inhibitors in Dementia, According to the Pharmacovigilance Databases of the United-States and Canada". PLOS ONE 10 (12): e0144337. Bibcode:2015PLoSO..1044337A. PMC 4671709. PMID 26642212. doi:10.1371/journal.pone.0144337.
- ↑ Castelvecchi, Davide (2019). "Novichok nerve agents banned by chemical-weapons treaty". Nature. PMID 33244185. doi:10.1038/d41586-019-03686-y.
- ↑ Chai, Peter R.; Hayes, Bryan D.; Erickson, Timothy B.; Boyer, Edward W. (2018). "Novichok agents: A historical, current, and toxicological perspective". Toxicology Communications 2 (1): 45–48. PMC 6039123. PMID 30003185. doi:10.1080/24734306.2018.1475151.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Institute, National; (UK), Care Excellence (2019-12-27). Cholinesterase inhibitors and memantine for dementia. NCBI Bookshelf. Consultado o 2019-12-27.
- Parsons, Chris G.; Danysz, Wojciech; Dekundy, Andrzej; Pulte, Irena (2013-05-09). "Memantine and Cholinesterase Inhibitors: Complementary Mechanisms in the Treatment of Alzheimer's Disease". Neurotoxicity Research (Springer Science and Business Media LLC) 24 (3): 358–369. ISSN 1029-8428. PMC 3753463. PMID 23657927. doi:10.1007/s12640-013-9398-z.
- Meng, Yan‑Hong; Wang, Pan‑Pan; Song, Ya‑Xue; Wang, Jian‑Hua (2019-03-01). "Cholinesterase inhibitors and memantine for Parkinson's disease dementia and Lewy body dementia: A meta‑analysis". Experimental and Therapeutic Medicine 17 (3): 1611–1624. ISSN 1792-0981. PMC 6364145. PMID 30783428. doi:10.3892/etm.2018.7129. Consultado o 2019-12-27.