Instrumentación (música)
Aparencia
(Redirección desde «Instrumentación musical»)
A acepción musical máis comunmente entendida por instrumentación é o estudo e a práctica de realizar ou adaptar composicións musicais para un instrumento ou agrupación musical.
Realmente poderíamos distinguir instrumentación de orquestración.[1]
- Instrumentar consiste en coñecer os rudimentos de cada un dos instrumentos musicais, de tal maneira que se poida adaptar para cada un deles unha melodía ou composición dada.
- Orquestrar, pola súa banda, é máis próximo á "composición con timbres". Neste sentido, inclúe un coñecemento máis amplo dos instrumentos, non só das súas características e particularidades individuais, senón tamén información e experiencia acerca das súas combinacións, xa en pequeno ou en gran grupo.[2]
A realización desta para un instrumento específico require a habilidade de tomar en conta as propiedades especiais do instrumento, tales como:

- O ton, o timbre musical e o rango dinámico do instrumento e os tons dispoñibles neses rangos.
- A aplicación de acordes ou outros tons múltiples.
- Certas clases de execucións que poden ser especialmente fáciles ou difíciles de realizar.
- Técnicas de aplicación como límites de respiración, toque, etc.
- Efectos especiais como os harmónicos, clicks, pizzicato, glissando, entre outros.
- Convencións de notación para o instrumento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adler, Samuel (2002). The Study of Orchestration. W. W. Norton & Company, Inc. ISBN 978-0-393-97572-7.
- ↑ Belkin (2008). "Alan" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2014.