Interleucina 2
Aparencia
(Redirección desde «Interleucina-2»)
Interleucina 2
| |
Identificadores | |
Símbolo | IL2 |
Símbolos alt. | IL-2; TCGF |
Entrez | 3558 |
HUGO | 6001 |
OMIM | |
PDB | 1irl, |
Outros datos | |
Locus | Cr. 4 q26-27 |
A interleucina 2 (IL-2 ou IL2) é unha proteína interleucina integrante das citocinas do sistema inmune, composta por 133 aminoácidos e de masa 15,4 kDa. Actúa coma factor de crecemento dos linfocitos T, induce todos os tipos de subpoboacións de linfocitos e activa a proliferación de linfocitos B. O seu xene localízase no cromosoma 4 (4q26-28).
Funcións
[editar | editar a fonte]A IL-2 tamén regula a resposta inmunitaria, intervén na reacción inflamatoria estimulando a síntese de interferón, induce á liberación de IL-1, TNF-alfa e TNF-beta. IL-2 é preciso para o establecemento da memoria inmunitaria celular, ademais de para o recoñecemento de autoantíxenos e antíxenos foráneos.