Saltar ao contido

Isabel de Francia (raíña de Inglaterra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isabel de Francia (1292-1358)»)
Modelo:BiografíaIsabel de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Isabelle de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1295 (>1288) Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1358 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Castle Rising, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Church Greyfriars (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Interesada enAstroloxía e xeometría Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa Clara Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña
Raíña consorte Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEduardo II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
FillosEduardo III de Inglaterra, John de Eltham, conde de Cornualla, Eleanor de Woodstock, Xoana da Torre Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe IV de Francia Editar o valor en Wikidata  e Xoana I de Navarra Editar o valor en Wikidata
IrmánsLois X de Francia
Filipe V de Francia
Carlos IV de Francia Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Capet-116 Find a Grave: 8333086 Editar o valor en Wikidata

Isabel de Francia nada en París cara a 1295 e finada no castelo de Castle Rising (Inglaterra) o 22 de agosto de 1358, foi unha nobre francesa. Foi a terceira e última das fillas do Rei Filipe IV de Francia e da Raíña Xoana I de Navarra. Ademais, foi irmá dos reis Lois X, Filipe V e Carlos IV. Os seus contemporáneos ingleses chamábana a Loba de Francia (Louve de France).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Casou co rei Eduardo II de Inglaterra -logo dunha ardua negociación que durou preto de 10 anos- na cidade de Boulogne-sur-Mer, o 25 de xaneiro de 1308. Dende a súa chegada á corte inglesa Isabel foi celebrada pola súa beleza. O cronista Geoffrey de París describiuna como "a bela entre as belas...no reino senón acaso en toda Europa". A pesar diso, a súa fermosura non logrou atraer de abondo ó seu marido, que prefería a compaña do seu favorito de entón, Piers Gaveston.

Malia todo, a parella tivo catro fillos (sábese que a raíña sufriu, polo menos, un aborto). Cos anos, o rei inclinábase cada vez máis cara ós seus favoritos, os Le Despenser (pai e fillo) e Piers Gaveston, rexeitando á raíña. Nunha ocasión, chegou a abandonala á súa sorte na perigosa localidade escocesa de Tynemouth. Isabel logrou escapar das hostes de Roberto Bruce e chegar ás costas inglesas.

A raíña desprezaba sobre todo a Hugo Le Despenser o Novo entre tódolos favoritos do seu marido. En 1321, embarazada do seu fillo máis novo, Isabel rogoulle dramaticamente ó seu esposo que desterrase para sempre do reino a Le Despenser. O rei exiliou a Le Despenser, pero ese mesmo ano reintegrouno á corte. Isto acabou por volver á raíña totalmente na súa contra. Isabel axudou a Sir Roger Mortimer, barón de Wigmore, a escapar da Torre de Londres, onde o seu marido o mandara encarcerar por opoñerse ós Le Despenser(1323).

Ansiosa de fuxir do seu esposo, atopou a oportunidade ideal cando o rei Carlos IV de Francia -o terceiro dos seus irmáns en subir ó trono francés- cedeulle ó seu cuñado Eduardo II as súas posesións francesas -os ducados de Aquitania e Guiena- en 1325. A raíña ofreceuse para ir a Francia a garantir a paz entre ambas nacións. Alí, reencontrouse con Mortimer, converténdose na súa amante. Decatándose disto, o rei inglés esixiu a volta da súa esposa. Pero o rei Carlos IV negouse a expulsar á súa irmá de Francia.

Isabel e Roger Mortimer abandonaron a corte francesa no verán de 1326. Marcharon cara a corte do conde Guillerme III de Henao -cuxa esposa era curmá de Isabel-. Henao deulles a axuda armada que precisaban, en troques do compromiso matrimonial da súa filla Felipa co futuro rei Eduardo III.

O 21 de setembro de 1326, Isabel e Mortimer, ó mando do seu exército mercenario, arribaron ás costas de Suffolk. Eduardo II ofreceu recompensa polas testas de ambos, pero xa todo estaba perdido para el. Os seus aliados abandonárono, os Le Despenser foron asasinados e finalmente o rei inglés foi capturado e obrigado a abdicar en favor do seu fillo en xaneiro de 1327. En setembro dese mesmo ano, o deposto monarca foi asasinado no castelo de Berkeley, por orde da raíña e Mortimer.

O mozo Eduardo III foi coroado o 25 de xaneiro de 1327. A partir dese intre, Isabel gobernou como rexente de Inglaterra, conxuntamente co seu amante, Mortimer. Pero o novo monarca non lle perdoou a Mortimer terse feito amante da súa nai, polo que tomou o control do goberno e apresouno en 1330. Malia os rogos e bágoas de Isabel pola vida do seu amante, Mortimer foi enxuizado por traizón e aforcado en Tyburn, o 29 de novembro de 1330. Magoada ó perder o seu amor e o fillo que esperaba del, Isabel, agora raíña nai, retirouse da corte para vivir nun desterro autoinflixido.

Foi confinada no castelo de Rising (Norfolk), onde morreu, logo de tomar o hábito de clarisa, o 22 de agosto de 1358, ós 67 anos de idade. Foi sepultada na igrexa franciscana de Newgate en Londres co vestido de nupcias con Eduardo II.

A raíña Isabel apareceu como personaxe importante da obra de Christopher Marlowe Edward II, e dende entón foi frecuentemente empregado como personaxe de obras, libros e filmes, a miúdo representada como unha muller fermosa pero manipuladora.

Thomas Gray, un poeta do século XVIII, combinou a descrición de Marlowe coa que fixo William Shakespeare de Margarida de Anjou (muller de Henrique VI), para crear o poema antifrancés The Bard, no cal Isabel quítalle as entrañas de Eduardo II cos seus "implacable cairos".[1]

No filme de Derek Jarman Edward II baseado na obra de Marlowe, Isabel é interpretada pola actriz Tilda Swinton como unha 'femme fatale' cuxo amor frustrado por Eduardo fai que se volva contra el e queira roubarlle o trono.

En contraste coas habituais descricións negativas, no Braveheart de Mel Gibson, Isabel foi interpretada pola actriz francesa Sophie Marceau dun xeito máis favorable. No filme, Isabel é representada ficticiamente tendo un romance co heroe escocés William Wallace, a pesar de que na realidade só tiña 9 anos de idade no momento da morte de Wallace.[2] Ademais, Wallace é incorrectamente presentado como o pai real de Eduardo III.

Predecesor:
Margarida de Francia
Raíña Consorte de Inglaterra
1308-1327
Sucesor:
Felipa de Henao
  1. Weir 2006, p.2.
  2. "The lying art of historical fiction". Guardian News. 6 de agosto de 2010. Consultado o 24 de setembro de 2012.