Xoana Seymour
Nome orixinal | (en) Jane Seymour |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1508 |
Morte | 24 de outubro de 1537 (28/29 anos) Hampton Court, Reino Unido |
Causa da morte | Infecção puerperal (pt) |
Lugar de sepultura | capela de San Xurxo |
Relixión | Igrexa católica |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | dama de compañía |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Familia | House of Seymour (en) |
Cónxuxe | Henrique VIII de Inglaterra (1536 (Gregoriano)–1537 (Gregoriano)), morte |
Fillos | Eduardo VI de Inglaterra |
Pais | João Seymour e Margery Wentworth |
Irmáns | Isabel Seymour Henrique Seymour Tomás Seymour, 1.º Barão Seymour de Sudeley Eduardo Seymour, 1.º Duque de Somerset |
Parentes | María I de Inglaterra, fillastra Isabel I de Inglaterra, fillastra |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (1509 – 24 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de dar a luz ao futuro rei.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. Decontado, Xoana ficaría grávida.
A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer perdices. O rei ordenaba traelas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un neno, o futuro rei Eduardo VI, o 12 de outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.
Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, Catarina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.
Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro home que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no Castelo de Windsor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana Seymour |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- As seis mulleres de Henrique VIII: Xoana Seymour 1508-1537.
- Un percorrido pola xeo-biografía das seis mulleres de Henrique VIII en Google Earth.Arquivado 21 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- O texto das baladas A Morte da Raíña Xoana.
Predecesor: Ana Bolena |
Raíña Consorte de Inglaterra 1536 - 1537 |
Sucesor: Ana de Cleves |