Javier Caínzos Vázquez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() |
![]() | |
2001 – ← Antonio Fraga Sánchez ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Curtis ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
Javier Francisco Caínzos Vázquez, nado en 1969,[1] é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario. Foi elixido presidente Novas Xeracións de Curtis en 1991. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro pola Plataforma Popular de Curtis (a pesar de mante-la militancia popular), que integraba os veciños curtenses que estiveran loitando pola segregación da localidade de Curtis nos 80 e 90 en torno ás candidaturas de Manuel Ángel Terrón Caínzos. Tralas eleccións, Caínzos formou parte do goberno de coalición entre PP e PPC, encabezado polo popular teixeirán Luís Novo Vázquez. Tras diversas acusacións de irregularidades ao alcalde, rompeuse o pacto de goberno en xuño de 1997. En marzo de 1999 foi suspendido da militancia popular, xunto con outro concelleiro da Plataforma, polas súas críticas ao alcalde popular.
Encabezou a candidatura da PPC nas municipais de 1999 e gañou as eleccións. Alcanzou un acordo de goberno co líder do PSdeG, Antonio Fraga Sánchez, polo cal o socialista ostentaría a alcaldía ata a primeira metade do mandato, e logo Caínzos o resto da lexislatura. O acordo non estivo exento de polémica, sobre todo nos socialistas, dado que a maior parte dos integrantes da candidatura eran de Teixeiro e moitos veciños non viron ben o acordo, de feito a número 2 socialista renunciou a formar parte do goberno. En xullo de 2001 asumiu a alcaldía. Nas municipais de 2003 integrouse, xunto cos membros da PPC, no PPdeG como cabeza de lista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. O socialista Fraga Sánchez integrouse como número 2 da candidatura popular e foi elixido primeiro tenente de alcalde. Volveu ser reelixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, manténdose ata a actualidade.[2]
Foi acusado de prevaricación pola concesión do Centro Etnográfico de Teixeiro, mais a denuncia foi desestimada.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perfil do candidato Arquivado 14 de outubro de 2016 en Wayback Machine., publicado en La Opinión en maio de 2015. (en castelán)
- ↑ Concello de Curtis na FEGAMP
- ↑ "La Fiscalía solicita al Juzgado que archive la demanda contra el alcalde de Curtis por presunta prevaricación".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista en La Opinión (en castelán)
- Entrevista en La Voz de Galicia (en castelán)