Jesús Suevos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1907 Ferrol, España |
Morte | 19 de maio de 2001 (93 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Primeiro tenente de alcalde de Madrid | |
1964 – 1978 ← sen valor – Luis María Huete (pt) → | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Director General of Cinematography and Theatre (en) | |
1961 – 1962 – José María García Escudero (pt) → | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Q43134161 | |
1 de xaneiro de 1956 – 3 de outubro de 1957 ← sen valor – José María Revuelta Prieto → | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
19º Q108335919 | |
maio de 1955 – decembro de 1955 ← Luis Benítez de Lugo – Javier Barroso (pt) → | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952 ← David Jato Miranda (en) – Manuel Casanova Carrera (pt) → Lexislatura: III lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Concelleiro de Madrid | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Movimiento Nacional (pt) Falange Española |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Premios | |
Jesús Suevos Fernández-Jove, nado en Ferrol o 12 de decembro de 1907 e finado en Madrid o 19 de maio de 2001,[1] foi un político e xornalista galego. En 1955 foi nomeado presidente do Atlético de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jesús Suevos licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras.[2] En marzo de 1935 foi un dos fundadores da Falange en Galiza, sendo nomeado presidente territorial directamente por José Antonio Primo de Rivera, do que era amigo persoal[1], e foi membro do I Consello Nacional de Falange.
Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 sumouse ao pronunciamento contra a República. Durante a Guerra Civil actuou como xefe de Centuria das Milicias de Falange nos combates da serra de Guadarrama. Foi nomeado director do xornal El Pueblo Gallego, que fora incautado polas autoridades franquistas, e en xaneiro de 1937, Xefe de Falange da provincia de Pontevedra, para substituír o defenestrado Manuel Castro Pena.
Foi representante de Falange en Portugal, agregado de Prensa en 1943 e durante a segunda guerra mundial foi correspondente, no París ocupado polos nazis, da prensa do Movemento. Tamén ocupou importantes postos no Servicio de Información e Investigación e no Servicio Exterior de Falange.[3]
En 1957 foille concedido o Premio Nacional de Xornalismo Francisco Franco. Foi nomeado Director Xeral de Radiodifusión en 1960 e Director Xeral de Cinematografía en 1961. Foi o primeiro Director de Televisión Española. Tamén foi xefe do Sindicato Nacional do Espectáculo, como substituto de David Jato,[4] e procurador en Cortes (1943-1977). Durante varios anos foi Tenente de Alcalde de Madrid, ocupando provisionalmente a alcaldía entre os mandatos de Carlos Arias Navarro e Miguel Ángel García-Lomas.
En maio de 1955, tras cesar como presidente do Atlético de Madrid Luis Benítez de Lugo, Marqués de la Florida, Suevos foi nomeado presidente, cargo que ostentou até decembro dese mesmo ano, cando foi substituído por Javier Barroso. En xuño de 1975 integrouse no Frente Nacional Español,[5] xunto a outros falanxistas «históricos» como Manuel Valdés Larrañaga, José Antonio Elola, Agustín Aznar e Raimundo Fernández-Cuesta.[6]
Segundo publicou o xornal Público, na década dos setenta, Suevos organizou en Ferrol unhas patrullas de inspiración paramilitar, coñecidos como "cadeneros" que se dedicaban a amedrentar sindicalistas e demócratas con paus, cadeas e pistolas. Deses grupos formou parte o despois deputado e director da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, tras ser adoptado intelectual e ideoloxicamente por Suevos.[7]
Obras
[editar | editar a fonte]- La luna y sus complices, 1948.
- Vida, obra y muerte de José Antonio, 1949.
- Antonio Failde, 1960.
- Madrid Y Azorín, 1971.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "A cara televisiva de Falanxe Arquivado 30 de abril de 2010 en Wayback Machine.", obituario en La Voz de Galicia, 21 de maio de 2001.
- ↑ Thomàs (1999), páx. 76
- ↑ Rodríguez Puértolas (2008), páx. 844.
- ↑ Vandaele (2015), páx. 60
- ↑ Logo dunha batalla legal con outros grupos, o Frente Español adoptou o nome de Falange Española de las JONS (1976).
- ↑ Rodríguez Jiménez (1994), páx.196.
- ↑ "Fernández de Mesa: de patrullar con falangistas a consejero de Red Eléctrica pasando por la Guardia Civil". Consultado o 31-05-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López de Zuazo Algar, Antonio (1981). Catálogo de periodistas españoles del siglo XX. Madrid: Fundación Universidad - Empresa. ISBN 84-86227-81-X. (en castelán)
- Rodríguez Jiménez, José Luis (1994). Reaccionarios y golpistas: la extrema derecha en España: del tardofranquismo a la consolidación de la democracia, 1967-1982. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07442-4.
- Rodríguez Puértolas, Julio (2008). Historia de la literatura fascista española II. Madrid. Akal. ISBN 978-84-460-2954-0
- Thomàs, Joan Maria (1999). Lo que fue la Falange. La Falange y los falangistas de José Antonio, Hedilla y la Unificación. Franco y el fin de la Falange Española de las JONS. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-53032-6
- Vandaele, Jeroen (2015). Estados de Gracia. Billy Wilder y la censura franquista (1946-1975). Leiden: Brill NV. ISBN 9789004297333