Xoaquín Álvarez Corbacho
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1942 O Grove, España | ||||||||||||||||
Morte | 23 de xuño de 2021 (79 anos) O Grove, España | ||||||||||||||||
Alcalde do Grove | |||||||||||||||||
1979 – 1981 (dimisión) ← Alfredo Bea Gondar – José María Mourelos Muñiz → | |||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
Educación | Universidade de Santiago de Compostela | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | político, economista | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Pai | Joaquín Álvarez Lores | ||||||||||||||||
Xoaquín Álvarez Corbacho, nado no Grove o 19 de abril de 1942 e finado no mesmo concello o 23 de xuño de 2021, foi un político, economista, ensaísta e investigador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou estudos nas Universidades de York e Leicester. De mozo foi tamén futbolista, pasando por clubs como o Real Club Celta (de 1960 a 1964)[1] ou o Racing de Santander. [2] Militou no PCG,[3] e foi o primeiro alcalde do Grove da democracia co PCG (1979-1981).[4] Durante o seu mandato conseguiu da condesa de Fenosa a cesión dunha parte importante da illa da Toxa ao concello do Grove.[5]
Foi catedrático de Facenda Pública da USC, vicerreitor de Asuntos Económicos na USC (1985-1990)[4] e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e, tamén, foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia.[6][7]
As súas investigacións centrábanse na teoría do federalismo fiscal, as facendas territoriais[8], a economía da educación e os efectos económicos das infraestruturas do transporte. Foi un experto en municipalismo.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- La agonía del municipalismo gallego, 1995, Fundación Caixa Galicia.
- Déficit y deuda pública en las haciendas territoriales españolas, 1998, Fundación Caixa Galicia.
- A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia, 2003, Edicións Xerais de Galicia.
- Educación democrática ou barbarie[9][10], 2015, Laiovento.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- La nueva hacienda local, 1990, Fundación Caixa Galicia. Con Perfecto Yebra
- Efectos económicos de la Autopista del Atlántico, 1996, IDEGA-ENA. Con Emilio Pérez Touriño (director)
- Infraestructuras y desarrollo regional, 1997, Civitas. Con Emilio Pérez Touriño (director)
- Los efectos económicos de las autovías de Galicia, 1998, Instituto de Estudos Económicos de Galicia, Fundación Barrié. Con Emilio Pérez Touriño
- Chaves da economía pública galega, 2006, Editorial Galaxia. Con Albino Prada
- Territorio, financiamento e control de gasto, 2008, Galaxia. Con Santiago Lago Peñas.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2013, recibiu un dos Premios 10 de Marzo[11], entregado pola Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO de Galiza.[12]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era fillo de Joaquín Álvarez Lores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernando Rey Tapias (18 de maio de 2021). Vídeo con entrevista sobre a súa vida deportiva (youtube).
- ↑ Ficha de Joaquín Alvarez na web Yo jugué en en Celta, consultado o 6 de marzo de 2013
- ↑ Baamonde, Antón (24 de xuño de 2021). "Xoaquín Álvarez Corbacho, un economista luminoso". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Redacción (26 de xuño de 2021). "El catedrático Xaquín Álvarez Corbacho falleció en O Grove, donde había sido alcalde". mundiario.com (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ Salgado, Fernando (24 de xuño de 2021). "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ González, Serxio (23 de xuño de 2021). "Xaquín Álvarez Corbacho, el alcalde comunista de O Grove que jugó en el Celta". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ "Un economista heterodoxo". Praza Pública. 2021-06-28. Consultado o 2021-06-28.
- ↑ Manuel Vázquez Sola (16 de abril de 2015). Video con breve entrevista sobre este libro (youtube).
- ↑ "A herdanza de Xaquín Álvarez Corbacho". Tempos Novos. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-29.
- ↑ "CCOO lamenta o falecemento do compañeiro Xaquín Álvarez Corbacho, colaborador activo do sindicato e da súa fundación". CCOO Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ Redacción (23 de xuño de 2021). "Pesar polo falecemento de Xaquín Álvarez Corbacho". nosdiario.gal. Consultado o 24 de xuño de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "ÁLVAREZ CORBACHO, Joaquín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Todas as súas obras poden consultarse nesta Biblioteca[1]
- Entrevista en profundidade na revista Tempos Novos Arquivado 29 de xuño de 2021 en Wayback Machine. (nº 199, decembro 2013) realizada por Luís Villamor
- "Xaquín Álvarez Corbacho: "No debería haber municipios de menos de 10.000 habitantes"" Arquivado 19 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (13/11/2010). El Correo Gallego (en castelán).
- Ficha do autor no sitio web de Edicións Xerais de Galicia Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- "Fiscalidade, urbanismo e desenvolvemento de Galicia" (1993), Revista Galega de Economía vol. 2, n.º 2. pp. 117-132. ISSN 1132-2799.
Predecesor: Alfredo Bea Gondar |
Alcalde do Grove 1979 - 1981 |
Sucesor: José María Mourelos Muñiz |
- ↑ "Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela /C.Completo". 193.144.75.24. Consultado o 2021-06-28.[Ligazón morta]
- Economistas de Galicia
- Alcaldes do Grove
- Alcaldes de Galicia polo PCE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Xogadores do Celta de Vigo
- Catedráticos da Universidade da Coruña
- Nados no Grove
- Nados en 1942
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Finados en 2021
- Ensaístas
- Escritores de Galicia en lingua galega