Joaquín Baeza Nieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Joaquín Baeza y Nieto 1829 Tenerife, España |
Morte | 23 de xullo de 1891 (61/62 anos) Campolongo, España |
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático | |
17 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
2 de xuño de 1855 – 2 de setembro de 1856 Circunscrición electoral: Provincia de Pontevedra | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Baeza y Nieto (Joaquín), p.34) |
Joaquín Baeza Nieto, nado en Tenerife en 1829 e finado en xullo de 1891[1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi vivir a Pontevedra tras casar con Isabel Saravia Pardo, filla de Fernando Sarabia, e foi pai de Fernando Baeza Saravia. Mercou a granxa de Monte Porreiro logo da desamortización. Quixo facer unha devesa real para destinar a madeira a buques da Armada, pero atopouse coa oposición veciñal. En 1867 subhastou a rifa.[2]
Foi elixido deputado por Pontevedra en 1854 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1869. Foi nomeado director da Gaceta e administrador da Imprenta Nacional en 1870. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872. Foi gobernador civil de Salamanca, Xaén (1881) e Alacant (1883).
Casou en segundas nupcias con Gracia Martínez Clavero.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La Granja Avícola de Monteporreiro", no blog Galicia Agraria, xuño de 2011.