Saltar ao contido

Jorge Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jorge Suárez Fernández»)
Infotaula de personaJorge Suárez

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Juan Suárez Fernández Editar o valor en Wikidata
27 de decembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ferrol
2015 – 2019
← Xosé Manuel ReyÁngel Mato → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ferrol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , funcionário judicial (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Vigo, é o quinto de oito irmáns[1]. A súa familia partiu de Ferrol pola crise do naval en 1973 cando seu pai, que traballara en Astano, marchara a buscar traballo en Vulcano.[2] Volveu a Ferrol en 2009, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Foi coordinador da área de Traballo, Economía e Social de Esquerda Unida en Ferrol, funcionario xudicial en varias cidades de España ata que foi destinado ao Ministerio de Xustiza adscrito á Fiscalía de Menores da Coruña e delegado sindical de CCOO.

Alcalde de Ferrol

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de Ferrol en Común e foi elixido alcalde co apoio de PSdeG-PSOE e BNG. Defínese como un home de paz que reivindica os seus ideais comunistas dende o respecto nun estado laico. Declarou que non financiaría con cartos do Concello a Semana Santa ferrolá. Unha das súa primeiras decisións foi baixar o soldo do alcalde por baixo dos 40 000 euros.

Nas eleccións municipais de 2019 repetiu como candidato de Ferrol en Común. O seu partido foi a terceira forza máis votada, ao pasar de 6 a 3 concelleiros, e deu o seu apoio na investidura ao candidato do PSdeG Ángel Mato, que se converteu no novo alcalde de Ferrol.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado cunha ferrolá e ten dous rapaces.


Predecesor:
José Manuel Rey Varela
 
Alcalde de Ferrol
 
2015 - 2019
Sucesor:
Ángel Mato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]