José Luis Morales
(2016) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) José Luis Morales Nogales ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 23 de xullo de 1987 ![]() Madrid, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 15 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
José Luis Morales Nogales, nado en Madrid o 23 de xullo de 1987, é un futbolista español que xoga como extremo ou dianteiro no Levante, da Segunda División.
Alcumado "Comandante Morales", é o futbolista con máis partidos disputados na historia do Levante (336), no que militou en dúas etapas. Conseguiu dous ascensos á Primeira División, un co Levante e outro co Eibar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Nado en Madrid, xogou na canteira do Brunete, antes de debutar na Terceira División co Parla.[1] Despois de catro anos co Parla, en 2010 asinou co Fuenlabrada, da mesma categoría. Xogou unha única tempada no equipo, marcando 20 goles, a cifra máis alta da súa carreira.
Levante
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2011 fichou polo Levante, para xogar inicialmente no seu filial en Terceira, e contribuíu con 14 goles ao ascenso do equipo na súa primeira tempada en Valencia.[2] Titular indiscutible na seguinte campaña en Segunda B, foi o xogador con máis minutos do equipo dirixido por José Gómez. O 17 de abril de 2013 asinou un novo contrato de dous anos e foi ascendido ao primeiro equipo.[3]
Para a tempada 2013/14 foi cedido ao Eibar, da Segunda División,[4] categoría na que debutou o 18 de agosto, nun partido ante o Real Jaén.[5]
Disputou 40 partidos e marcou 3 goles nunha histórica campaña na que o Eibar de Gaizka Garitano conseguiu ascender á Primeira División por primeira vez.[6]
De volta no Levante, debutou na máxima categoría o 30 de agosto de 2014, nunha derrota por 3-0 ante o Athletic de Bilbao en San Mamés.[7] Marcou o seu primeiro gol en Primeira o 4 de outubro, nun empate a tres goles ante o propio Eibar.[8]
Militou no Levante durante os seguintes oito anos, sumando 70 goles e vivindo dous descenso a Segunda e un ascenso a Primeira. Durante ese tempo converteuse no xogador con máis partidos na historia do club e no máximo goleador do club en Primeira.[9]
Vilarreal
[editar | editar a fonte]O 24 de xuño de 2022, o Vilarreal anunciou a fichaxe de Morales cun contrato de dous anos. O 6 de outubro marcou un triplete na vitoria por 5-0 ante o Austria Wien na Conference League, despois de saír dende o banco de suplentes.[10] Repetiu triplete o 26 de novembro de 2023, nunha vitoria por 3-1 sobre Osasuna.
En xullo de 2024, tras rematar o seu contrato, regresou ao Levante.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Del Mudo al Comandante: la historia de José Luis Morales". As| (en castelán). 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "El día que Morales dejó el Fuenlabrada por el filial del Levante por menos de 1.200 euros". Marca (en castelán). 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "El canterano Morales, primer 'fichaje' del Levante para la próxima temporada". Las Provincias (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Morales jugará cedido en Eibar" [Morales will play on loan at Eibar]. Marca (en castelán). 30 de xullo de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "El Jaén muere en la orilla". Marca (en castelán). 18 de agosto de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Morales y el Eibar, amores que matan". Marca (en castelán). 31 de marzo de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Morales: debut y Maradona en San Mamés con el Levante". Marca (en castelán). 8 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "En Ipurua, hasta el rabo todo es toro" [At Ipurua, it is not over until it is over]. Marca (en castelán). 14 de outubro de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "El mejor Morales acecha el récord de Koné". Diario AS (en castelán). 12 de maio de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Goals and highlights: Villarreal 5-0 Austria Vienna in Conference League" (en inglés). 5 de outubro de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "José Morales regresa al Levante UD" (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2025.