José MacCrohon y Blake
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1803 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 21 de agosto de 1860 ![]() Mar Vermello ![]() |
![]() | |
7 de novembro de 1859 – 30 de abril de 1860 ← Leopoldo O'Donnell – Leopoldo O'Donnell → | |
![]() | |
19 de outubro de 1858 – 9 de xullo de 1860 ← Leopoldo O'Donnell – Juan Zavala de la Puente → | |
![]() | |
1 de setembro de 1856 – 12 de outubro de 1856 ← Facundo Infante – Francisco Javier Girón → | |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid, Spain ![]() |
Ocupación | político, militar ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Restauración borbónica en España ![]() |
Rama militar | Armada Española ![]() |
Rango militar | Tenente xeneral ![]() |
![]() |
José María Eugenio MacCrohon y Blake, nado en Ferrol o 13 de maio de 1803 e finado no mar Vermello o 21 de agosto de 1860, foi un político e militar español, deputado, senador, ministro interino de Guerra, titular de Mariña, gobernador colonial de Santiago de Cuba, tenente xeneral do exército e director da Garda Civil.
Foi deputado por Málaga en 1837 e por Alacant en 1854 e 1858 [1] e senador vitalicio na lexislatura 1858-60.[2]
Ministro de Mariña entre o 27 de novembro de 1858 e o 9 de xullo de 1860, tamén desempeñou interinamente o cargo de ministro de Guerra en ausencia de Leopoldo O'Donnell.
Morreu no verán de 1860 (21 de agosto) como consecuencia, segundo parece, da excesiva calor sufrida durante a travesía do mar Vermello, desde Suez a Adén, cando ía camiño de Manila a ocupar o seu posto como Capitán Xeneral de Filipinas.[3]
Predecesor: Leopoldo O'Donnell |
Ministro de Mariña 27 de novembro de 1858 – 9 de xullo de 1860 |
Sucesor: Juan de Zabala de la Puente |
Predecesor: Facundo Infante |
Director xeral da Garda Civil 1856 |
Sucesor: Francisco Javier Girón y Ezpeleta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Congreso de los Diputados de España. Archivo histórico de diputados.". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2021.
- ↑ Senado de España. Expediente personal del Senador Vitalicio D. José Mac-Crohon y Blake.
- ↑ Gaceta de Madrid. Nota necrolóxica, 14 de setembro de 1860, e Caceta de Madrid. Aclaraciones al fallecimiento del general Mac-Crohon, 19 de setembro de 1860.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José MacCrohon y Blake ![]() |