José Manuel García-Margallo
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Manuel García-Margallo, nado en Madrid o 13 de agosto de 1944, é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación.[1]
Tamén foi membro do Parlamento Europeo desde 1994, onde desempeñaba o cargo de vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios desde 1999. Foi condecorado coa Gran Cruz do Mérito Civil e a Orde do Mérito Constitucional.[2][3]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato no colexio San Ignacio de Donostia. Estudou Dereito e Economía na Universidade de Deusto. Máis tarde, pasou as oposicións a Inspector Técnico Fiscal do Estado e desempeñouno en Castelló e Guipúscoa. No ano 1973, obtivo o International Tax Program da Harvard Law School, obtendo o grado de Master of Law nesa universidade na especialidade en Dereito Societario e Regulación do Mercado de valores.

No ano 1974 foi nomeado Xefe do Servizo de Estudos e Programación da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Facenda, e en 1982 do Tribunal Económico Administrativo Central. Impartiu clases como profesor universitario na Facultade de Dereito de San Sebastián e no máster en Comunidades Europeas da Universidade Politécnica de Madrid e de Fiscalidade Comunitaria no Instituto da Empresa de Madrid. No ano 2004, conseguiu o doutoramento en Dereito pola Universidade Miguel Hernández de Elx coa Tese Doutoral titulada "Unha aposta polo Modelo Europeo de Benestar".
Carreira política
[editar | editar a fonte]En 1960 ingresou nas Juventudes Monárquicas Españolas (JUME). Xa na Transición, foi membro fundador da Fundación de Estudos Independentes, do PP e de UCD. Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado nas Cortes Constituíntes. Ostentou diversos cargos como Director Xeral ou Secretario Xeral. Tamén foi portavoz de Economía e Facenda do PP. Tamén foi elixido ó Parlamento Europeo na lexislatura 1994-1999, onde ostentou varios cargos como Vicepresidente da Subcomisión de Asuntos Económicos e Monetarios e Vicepresidente da Delegación para Hispanoamérica. O 22 de decembro de 2011, foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación de España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goberno de España. "BOE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15/01/2013. Consultado o 13/12/2014.
- ↑ Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. "Portal do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2017. Consultado o 13/12/2014.
- ↑ Cadena SER. "El rey impondrá la más alta condecoración a los "héroes" que lucharon en Marruecos". Consultado o 13/12/2014.
- Nados en 1944
- Nados en Madrid
- Políticos do PP
- Políticos de UCD
- Grandes cruces da Orde do Mérito Civil
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Europarlamentarios de España (1994-1999)
- Ministros de Asuntos Exteriores de España
- Europarlamentarios de España (1999-2004)
- Europarlamentarios de España (2009-2014)
- Europarlamentarios de España (2004-2009)
- Europarlamentarios de España (2019-2024)
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)