Xosé María Alonso Cortón
Aparencia
(Redirección desde «José María Alonso Cortón»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1874 Lugo, España |
Morte | 29 de novembro de 1923 (49 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Xosé María Alonso Cortón,[1] nado en Lugo 19 de marzo de 1874 e finado na Habana o 29 de novembro de 1923, foi un sacerdote e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Lugo e ingresou na Compañía de Xesús con dezaoito anos e cursou o noviciado en Carrión de los Condes (Palencia). Foi profesor de Química, Historia Natural e Matemáticas no Colexio de Belén na Habana. Foi un gran defensor do labor civilizador e relixioso de España en América.
Obras
[editar | editar a fonte]Todas elas publicadas na Habana:
- Introducción al estudio de la Historia Natural. Biología, 1921.
- Nociones de Geometría, 1923.
- Fisiología Humana, 1924 (póstumo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo "ALONSO CORTÓN, José María" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada