José María Rioboo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1948 Ksar El Kebir, Marrocos |
Morte | 22 de febreiro de 2024 (75 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Bernardo Pena Trapero |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor universitario |
Familia | |
Fillos | tres fillas |
José María Rioboo Almanzor, adoito grafado Riobóo, nado en Ksar el Kebir (daquela no Protectorado Español de Marrocos) o 14 de novembro de 1948, e finado en Santiago de Compostela o 22 de febreiro de 2024,[1] foi un profesor universitario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou economía na Universidade de Santiago de Compostela. Nela doutorouse en 1978 coa tese Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudio de la población en Galicia (1961-75). Quedou a traballar na propia universidade, onde chegou a catedrático de Economía Aplicada. Como docente e investigador traballou sobre todo na estatística aplicada aos estudos económicos.
Politicamente pertenceu ao CDS e encabezou[2] a candidatura centrista nas eleccións xerais de 1986 pola circunscrición da Coruña, onde foi escollido deputado. No Congreso foi o voceiro centrista nas comisións de Economía, Facenda e Orzamentos[1] durante tres anos e pouco, ata a convocatoria das eleccións de 1989, onde xa non foi[3] nas listas do CDS.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pesar en Santiago por el fallecimiento del exdiputado y catedrático de la USC José María Riobóo". El Correo Gallego (en castelán). 2024-02-23. Consultado o 2024-02-23.
- ↑ "CANDIDATURAS PROCLAMADAS para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado convocadas por Real Decreto 794/1986 de 22 de abril" (PDF). Boletín Oficial del Estado. Gaceta de Madrid. (ANo CCCXXVI. Suplemento al número 121). 21 maio 1986.
- ↑ "22788. CANDIDATURAS PRESENTADAS para las elecciones al Congreso de los Diputados y al Senado convocadas por Real Decreto 1047/1989, de 1 de septiembre." (PDF). BOE (229): 29989. 24 setembro 1989.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 489. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Deputados do Congreso dos Deputados polo CDS
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Economistas de Galicia
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Nados en 1948
- Finados en 2024
- Españois nados no Protectorado de Marrocos
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Alumnos da Universidade de Granada