Saltar ao contido

José Ramón Ónega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Ramón Ónega López»)
Modelo:BiografíaJosé Ramón Ónega
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Mosteiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de febreiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil de Biscaia
1982 – 1984
Gobernador civil da provincia de Zamora
1979 – 1979 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político, escritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Esther Coladas-Guzmán González Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Jesús[1], Gonzalo e José Ramón Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Ónega Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX867257 BUSC: onega-lopez-jose-ramon-1939 Dialnet: 305004


José Ramón Ónega López ou Xosé Ramón Ónega López[2], nado en Mosteiro (Pol) o 8 de marzo de 1939 e finado en Madrid o 7 de febreiro de 2021[3], foi un político e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do xuíz municipal José Ramón Ónega Lenza e Angelita López Lodos[4], debutou no xornalismo con colaboracións infantís con El Progreso, como correspondente en Mosteiro[5]. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1962, e mentres estudaba colaboraba como xefe do departamento de información do Sindicato Español Universitario, co xornal La Noche[6]. Nese tempo iniciou a súa carreira política, que continuou ao entrou a traballar como técnico na administración do estado no ministerio do Interior español. Trasladouse a vivir a Madrid, onde residiría a maior parte da súa carreira profesional, e colexiouse como avogado tamén nesa cidade. Nos anos finais da ditadura foi profesor dunha materia introdutoria ao Dereito Público e Privado na Universidade Complutense (1974-76).

Ónega comezou a ter presenza pública cando durante a transición ocupou cargos de relevancia política. Cos gobernos de Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo-Sotelo foi subdirector xeral de Política Interior (1977), subdirector xeral do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Orde Pública (1978) e despois gobernador civil, primeiro en Zamora (1979) e logo en Biscaia (1982-1984).

Coa chegada do PSOE ao poder, continuou vinculado ao ministerio do Interior como inspector xeral de Servizos. En 1996, o goberno de José María Aznar noméao director xeral de Política Interior, sendo ministro Jaime Mayor Oreja.

Tamén foi presidente da Comisión Nacional contra a violencia deportiva, secretario xeral da Comisión Interministerial de Estranxeiría e presidente da Comisión Interministerial de Asilo e Refuxio.

Foi o director da Casa de Galicia de Madrid desde 2009 ata a data do seu falecemento en 2021. Tamén foi nomeado presidente de honra do Centro Galego de Madrid en 2013 e cronista mor dos galegos de Madrid en 2014.[7] Foi galardoado co ‘Torsón de Ouro’ da Orde do Torsón de Santiago en 2015.[8]

Ademais do seu labor político, escribiu libros de investigación histórica e etnográfica:

  • Los judíos en el Reino de Galicia (1981)
  • Odoario el Africano. Colonización de Galicia en el s. VIII. (Do Castro, 1988)
  • Pasado, presente e futuro de A Pontenova. (Ed. Bao, 1988).
  • Perfil histórico, artístico y paisajístico del Concello de Pol, Lugo, 1988.
  • José Mª Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (Deputación Provincial de Lugo, 1991)
  • El enigma de Jose An (Do Castro, 1991)
  • El promontorio de los claveles marinos (1999)
  • Sol de poniente (2004)

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era o irmán máis vello de Fernando Ónega, e tío da xornalista e presentadora Sonsoles Ónega. Tamén tivo un irmán máis novo, que finou aos 14 meses de idade[4].

Casou en 1966 con María Esther Coladas-Guzmán, coa que tivo tres fillos[4].

Faleceu como consecuencia da COVID-19.

  1. Finada en xullo de 2009.
  2. "Xosé Ramón Ónega López". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2021-02-07. 
  3. Redacción (7/2/2021). "Muere por covid José Ramón Ónega, el embajador de Galicia en Madrid". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7/2/2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Cora, José de (9/3/2020). "Ónega, gobernador de Vizcaya en los años del plomo". A Bitácora de Cora (en castelán). 
  5. Cora, José de (2021-02-07). "Perfil. Ónega, una vida entre el periodismo y la política". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2021-02-07. 
  6. "Fallece por COVID José Ramón Ónega, tras una apasionante vida dedicada a la función pública". www.elcorreogallego.es (en castelán). 7/2/2021. 
  7. "José Ramón Ónega homenajeado en Madrid". Periodistas Gallegos (en castelán). Madrid. 8 de xullo de 2014. 
  8. "José Ramón Ónega recibe el ‘Torsón de Oro’ de la Orden del Torsón de Santiago". Galicia en el mundo (en castelán). 7 de maio de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]