Josep Maria Socías
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1937 Barcelona, España |
Morte | 3 de novembro de 2008 (71 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | cancro de pulmón |
111º Alcalde de Barcelona | |
6 de decembro de 1976 – 6 de xaneiro de 1979 ← Josep Maria Socías – Narcís Serra → | |
Procurador en Cortes | |
4 de marzo de 1976 – 12 de novembro de 1976 ← Manuel Hernández Sánchez – Melitino García Carrero → Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
21 de decembro de 1970 – 12 de novembro de 1971 ← José María Navarro Villodre Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Premios | |
Josep María Socías i Humbert, nado en Barcelona o 24 de agosto de 1937 e finado en Barcelona o 3 de novembro de 2008, foi un avogado e político catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito e diplomouse en Administración de empresas na Universidade de Barcelona e progresou na estrutura da Fronte de Xuventudes e do Sindicato Vertical do franquismo, primeiro como secretario sindical comarcal de Tarragona (1964) e logo como vicesecretario, secretario e finalmente delegado na provincia de Barcelona. En virtude destes cargos foi procurador nas Cortes Españolas elixido polo terzo sindical dende 1967 a 1976. Nesa época tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Feira Oficial Internacional de Mostras de Barcelona e vicepresidente da Exposición Universal de Barcelona.
Casado cunha filla do xeneral de artillaría Manuel Pardo Ochoa, en 1976 e home de confianza de Rodolfo Martín Villa é nomeado alcalde de Barcelona polo goberno de España. Uns meses despois Xoán Carlos I desígnao senador.
Durante o seu período como alcalde e senador sufriu un atentado terrorista, reivindicado polo GRAPO, do que saíu ileso pero onde morreu un policía local que lle facía a escolta. Deixou a política activa en 1979, pero posteriormente afiliouse ao PSC[1].
Faleceu o 3 de novembro de 2008 por un cancro de pulmón no Hospital Universitari del Vall d'Hebron de Barcelona. Déronselle honras no Salón de Cento do concello de Barcelona.
Predecesor: Joaquín Viola |
Alcalde de Barcelona decembro de 1976 - xaneiro de 1979 |
Sucesor: Manuel Font i Altaba |
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Cruz ao Mérito Agrícola
- Cruz da Garda Urbana
- Premio Creu de Sant Jordi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Company, E. (4 de novembro de 2008). "Josep Maria Socias, alcalde de la transición en Barcelona". El País.