Xoán Bautista Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1879 Lérez, España |
Morte | 3 de setembro de 1930 (51 anos) Lérez, España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Juan Bautista Andrade Tojedo,[1][2] nado en Lérez (Pontevedra) o 24 de xullo de 1879 e finado na mesma parroquia o 3 de setembro de 1930, foi un escritor galego. Foi tío do escritor e economista Valentín Paz-Andrade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Andrade Carlín, deuse a coñecer como poeta arredor do 1900, ao gañar o primeiro premio nun certame organizado polo Ateneo León XIII de Compostela. Foi premiado pola composición "Íntima" na celebración do centenario de Rojas Zorrilla en Toledo. En 1910 gañou en Santiago a flor natural polo poema "Las cumbres" e o primeiro accésit por "La casa muerta".
Salienta a súa obra lírica en castelán:
- Al amor del terruño (1915), libro de corte clásico e inspiración romántica que contén os seus poemas premiados
- Al desplegarse la rosa (1917), monólogo lírico
- Diana de gaita (1930), na que mostra unha visión da paisaxe galega de gran sensibilidade. Algunhas investigacións sinalan a influencia deste libro na obra de Luís Amado Carballo e na escola imaxinista.
Andrade tiña máis obras pendentes de publicación, mais non chegaron ao prelo por mor do seu pasamento: Poemas compostelanos, Enfoques (estudos sobre sensibilidade); El Pazo, los cipreses y el mar (ensaios sobre a paisaxe) e a novela La sombra de Fr. Juan.
En lingua galega publicou só tres ou catro poemas, aínda que parece que antes do seu pasamento preparaba a publicación dunha obra lírica en galego, Cantarelas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo Calero, Ricardo: "Andrade y Tojedo, Juan Bautista" en pp. 701-702 de Historia da literatura galega contemporanea, 1975 (2ª ed.).
- ↑ Alonso Girgado, Luís; Cochón, Luís e Domínguez Mallo, Lorena (edición) (2011). Cadernos Ramón Piñeiro (XX). Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas Arquivado 15 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. p. 49. ISBN 978-84-453-5028-7: "Juan Bautista Andrade Tojedo (Lérez, Pontevedra 1879-1930). Poeta en castelán distinguido con varios premios..."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Bautista Andrade |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ANDRADE, Juan Bautista". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 70.
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Enciclopedia Galega Universal, t. 1. p. 512.
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1. p. 56.
- "Andrade Tojedo, Xoán Bautista" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 4. p. 42.