Juan Fernández (baloncestista)
Bàsquet Girona | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 2002 (21 anos) Santa Fe, Arxentina |
Altura | 2,10 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Posición | Pivote |
Liga | ACB |
Información da carreira | |
Internacional | 4 veces |
Carreira | 2021−presente |
Historial de equipos | |
Baloncesto Fuenlabrada (2021–2023) Río Breogán (2023−2024) Bàsquet Girona (2024−presente) |
Juan Francisco Fernández, nado o 21 de novembro de 2002 en Santa Fe, é un xogador de baloncesto profesional internacional arxentino. Formado nas categorías inferiores do Club Atlético Unión e do Baloncesto Fuenlabrada, actualmente xoga para o Bàsquet Girona da Liga ACB. Cunha altura de 2,10 m, xoga na posición de pivote.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Santa Fe, na Arxentina, Fernández formouse nas categorías inferiores do Club Atlético Unión, club da súa cidade natal.[2] En 2019 cruzou o Atlántico para unirse á canteira do Baloncesto Fuenlabrada, equipo co que debuta na Liga ACB o 14 de novembro de 2021 ante o Real Madrid no Polideportivo Fernando Martín. Tras dúas temporadas na máxima categoría co equipo castelán, após o descenso deste último o 15 de xullo de 2023 anúnciase a súa fichaxe polo Río Breogán da ACB.[3]
O 10 de xuño de 2024, anunciouse a súa fichaxe polo Bàsquet Girona da Liga ACB.[4]
Clubs[editar | editar a fonte]
Ao longo da súa carreira, Fernández ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[1]
- Baloncesto Fuenlabrada (ACB, 2021−2022)
- CB Breogán (ACB / BCL, 2023−2024)
- Bàsquet Girona (ACB, 2024−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Juan Fernández, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xullo de 2023.
- ↑ "Juan Fernández pone el acento argentino al Río Breogán". Marca (en castelán). 15 de xullo de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2023.
- ↑ "Juan Fernández, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 15 de xullo de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2023.
- ↑ "Juan Fernández ficha por el Bàsquet Girona". ACB.com. 10 de xuño de 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en Proballers (en inglés)